Tareixa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tareixa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
Tareixa Cristina con 54 anos, en 1876.
Emperatriz consorte do Brasil
30 de maio de 1843 – 15 de novembro de 1889

Nome completoTeresa Cristina Maria Giuseppa Gaspare Baltassare Melchiore Gennara Francesca de Padova Donata Bonosa Andrea d'Avelino Rita Luitgarda Geltruda Venancia Taddea Spiridione Rocca Matilde[1]
Nacemento14 de marzo de 1822
Nápoles, Reino das Dúas Sicilias
Falecemento28 de decembro de 1889 (67 anos)
Porto, Portugal
SepulturaCatedral de São Pedro de Alcântara, Petrópolis, Brasil
Cónxuxe/sPedro II do Brasil
Descendencia
Casa realCasa de Borbón-Dúas Sicilias
ProxenitoresFrancisco I
María Isabel de Borbón

Na rede
WikiTree: Borbone-2

Dona Tareixa Cristina, nada o 14 de marzo de 1822 e finada o 28 de decembro de 1889, alcumada "a Nai dos Brasileiros",[2] foi a emperatriz consorte do Emperador Pedro II do Brasil, que reinou dende 1831 até 1889. Nada como Princesa do Reino das Dúas Sicilias, no presente o sur de Italia, era filla de Francisco I da póla italiana da casa de Borbón e da súa muller María Isabel. Durante moito tempo, os historiadores creron que a Princesa foi criada nunha atmosfera ultraconservadora e intolerante, que deu como resultado unha personalidade tímida e insensible en público, e con capacidade de contentarse emocionalmente. Estudos recentes revelan unha personalidade moito máis complexa, e que malia repectar moito as normas sociais da época, era quen de manter unha independencia limitada grazas ó seu carácter porfiado, así como polo seu interese na aprendizaxe, as ciencias e a cultura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Calmon 1975, p. 211.
  2. Véxase:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Calmon, Pedro (1975). História de D. Pedro II (en portugués) 1–5. Rio de Janeiro: J. Olympio.