Subversión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo subversión relaciónase cun trastorno, unha revolta, unha destrución; principalmente no sentido moral. A palabra está presente en todos os idiomas de orixe latina, orixinalmente aplicada a diversos eventos como a derrota militar dunha cidade.

Xa no século XIV era usada en inglés en relación a temas de dereito e no século XV empezou a ser usada con relación a reinados. Esta é a orixe do seu uso moderno, que se refire a intentos de derrocar estruturas de autoridade, incluíndo ao Estado. A este respecto, pode relacionarse coa palabra sedición e non substituíla, xa que a connotación de ambas as palabras é un pouco diferente, posto que sedición suxire un alzamento aberto contra a autoridade, mentres que subversión refírese a algo máis subrepticio, como erosionar as bases da fe no statu quo ou crear conflitos entre persoas.

A actividade subversiva consiste en prestar axuda ou apoio moral a individuos, grupos ou organizacións que promovan o derrocamento de gobernos por medio da forza e a violencia. Todas as actividades voluntarias que son en detrimento dos intereses do goberno e non caen na categoría de traizón, sedición, sabotaxe ou espionaxe considéranse subversivas.

Varios autores recentes, en tradicións posmodernas e postestruturais (incluíndo particularmente a autores feministas), prescribiron unha lixeira forma de subversión. Desde o seu punto de vista non é, directamente, o Estado o que debe ser subvertido, senón as forzas culturais predominantes, como o patriarcado, o individualismo e o racionalismo científico. A introdución deste novo branco da subversión débese sobre todo ás ideas de Antonio Gramsci, quen sinalou que a revolución comunista requiría a erosión da hexemonía cultural en calquera sociedade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]