Subura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Subura

Subura era un barrio de Roma superpoboado e moi activo. Estendíase polo val entre o sur do Viminal e o oeste do Esquilino, ou Oppius, e percorríao unha rúa longa chamada tamén Subura. O Argiletum uníao ao foro romano. Nel criouse Xulio César, que, porén, proviña dunha familia aristocrática. O seu nome evoca a vida popular nos seus aspectos máis pintorescos.

Na actualidade chámase La Suburra e é un barrio obreiro.