Steve Nash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steve Nash
Posición Base
Dorsal 13, 10
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Nacemento 7 de febreiro de 1974 (50 anos)
Xohanesburgo, Suráfrica
Carreira
Instituto St. Michaels (BC)
Universidade Santa Clara (1992–1996)
NBA Draft 1996 / Rolda: 1 / Elección: 15
Por Phoenix Suns
Tempadas 19962015
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     17 387 (14,3 pp)
Asistencias     10 335 (8,5 pp)
Rebotes     3 642 (3,0 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Stephen Josh Nash, coñecido como Steve Nash, nado en Xohanesburgo (Suráfrica) o 7 de febreiro de 1974, é un ex xogador profesional de baloncesto canadense. Conseguiu o MVP da liga regular dous anos consecutivos, en 2005 e 2006. Foi encargado de acender o pebeteiro nos Xogos Olímpicos de inverno de 2010 celebrados en Vancouver. Anunciou a súa retirada en marzo de 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de facer dous anos mudouse cos seus pais ao Canadá, instalándose en Vitoria, Columbia Británica. A razón fundamental foi que os seus pais non querían que Steve crecese envolvido no apartheid. A súa familia está moi relacionada co mundo do deporte. O seu pai John foi un futbolista profesional que xogou en Suráfrica, mentres que a súa nai, Jean, era membro da selección inglesa de netball. O seu irmán Martin foi internacional 33 veces coa selección canadense de fútbol, mentres que a súa irmá Joann foi a capitá do equipo de fútbol da Universidade de Vitoria durante tres tempadas.

Preparatoria[editar | editar a fonte]

Nash atendeu primeiro ao Mount Douglas Secondary School (onde xogou xunto ao seu irmán Martin) para despois pasar á escola privada de St. Michael's University School, en Vitoria, onde formou parte do equipo de baloncesto. Alí asinou como "sénior" 21,3 puntos, 9,1 rebotes e 11,2 asistencias, case un triplo dobre de media. Liderou ao equipo ao título provincial. Nash decidiu adicarse ao baloncesto a pesar de que tamén xogaba ao fútbol no instituto, onde foi nomeado Xogador do Ano en Columbia Británica, idéntico galardón ao que recibiu en baloncesto durante a súa tempada sénior.

Universidade[editar | editar a fonte]

Debido á limitada oferta que ofrecía o baloncesto universitario no Canadá, Nash tivo que buscarse a vida en Estados Unidos para recalar na NCAA. Ian Hyde-Lay, o seu adestrador do instituto, enviou vídeos de Steve a 30 universidades, pero a ningunha lle chamou a atención. Con todo, nunha viaxe de traballo, o adestrador da Universidade de Santa Clara, deu con Nash, de quen pediu vídeos antes de concertar unha cita co xogador. Despois de verlle dominar un partido, Davey recalcou: "Estaba moi nervioso esperando que ninguén máis puidese fixarse nel". Nash matriculouse en Santa Clara na tempada 1992-93. Como freshman, axudou aos Broncos ao título da West Coast Conference e a un gran triunfo ante o nº2, Arizona Wildcats, na 1ª rolda do torneo NCAA de 1993, aínda que logo caerían ante Amorne Owls. Aquela tempada faría 821 puntos, 225 rebotes e 222 asistencias por partido.

No seu ano sophomore, Steve tomou as rendas do equipo facendo 14,6 puntos, 2,8 rebotes e 3,7 asistencias. O único punto negativo foi que o equipo non logrou clasificarse para o torneo NCAA. A súa verdadeira irrupción deuse nas súas dúas últimas tempadas, tanto na 1994-95 como na 1995-96 foi elixido Xogador do Ano na West Coast Conference, o primeiro Bronco en facelo desde Kurt Rambis. No seu ano júnior fixo 20,9 puntos, 4,2 rebotes e 6,4 asistencias, callando a súa mellor tempada na NCAA. No torneo final caeron en 1ª rolda ante Mississippi State.

Como sénior asinou 17 puntos, 3.6 rebotes e 6 asistencias. Foi honorable mención All-America por The Associated Press e USBWA. Esta vez caerían en 2ª rolda ante Kansas Jayhawks. Nash finalizou a súa carreira en Santa Clara como líder histórico en asistencias (510), porcentaxe en tiros libres (86,2) triplos anotados e tentados (263-656). Acabou 3º en puntos (1.689) e ostenta o récord de mellor porcentaxe en tiros libres nunha tempada, con 89,4. En setembro de 2006, Santa Clara retirou o seu dorsal 11, converténdose no primeiro deportista da devandita universidade en ter tal honra. Mentres estivo na universidade, xogou coa selección canadense de baloncesto na Universiada de 1993, onde gañou a medalla de prata tras perder fronte a Estados Unidos, onde xogaban Michael Finley e Damon Stoudamire. Ese mesmo ano, Steve tamén xogou con Columbia Británica nos Xogos do Canadá, logrando a medalla de bronce nesta ocasión.

NBA[editar | editar a fonte]

Tras a chegada de Nash, os Suns gañaron 33 partidos máis que a tempada anterior.

Foi seleccionado por Phoenix Suns na posición número 15 do draft de 1996. Tras xogar dúas tempadas a un nivel correcto, foi traspasado a Dallas a cambio de Müürsepp, Bubba Wells, Pat Garrity e unha rolda de draft futura. Cos Mavericks disputou seis tempadas, dúas delas xogando tódolos partidos. Despois da tempada 2004 non renovou o seu contrato co equipo e quedou como axente libre. Os Phoenix Suns non dubidaron en volver contratalo.

O seu tres últimas tempadas en Phoenix convertéronlle en toda unha estrela da NBA, coñecido a nivel mundial como un dos mellores xogadores do mundo. As súas grandes calidades valéronlle para ser o MVP da NBA dúas veces, en 2005 e 2006. Na tempada 2005-2006 facendo 10,5 asistencias, 18,8 puntos e 4,2 rebotes por partido. Tivo un tanto por cento de acerto excelente: o 51,2% en tiros de dous puntos, o 43,9% en triplos e o 92,1% desde a liña de tiros libres. Superar o 50%, o 40% e o 90% nos respectivos campos é algo que só conseguiron catro xogadores até o momento: Mark Price, Larry Bird, Reggie Miller e Steve Nash . Como curiosidade, dende Larry Bird ningún xogador branco conseguira o MVP.

Nash nun partido ante Washington Wizards.

Nash liderou aos Phoenix Suns durante dous anos consecutivos á final da conferencia oeste e na tempada 2005-2006 quedaron ás portas das finais, eliminados polo seu ex equipo, os Dallas Mavericks. Nash ten ademais grandes habilidades para o fútbol. Isto púidose comprobar nun concurso de mates do All-Star, cando lle deu un pase preciso e espectacular ao seu compañeiro de equipo Amar Stoudemire coa cabeza aínda que finalmente non se alzase co trofeo. Non é algo estraño, pois o seu pai foi futbolista profesional en Suráfrica e o seu irmán e irmá son profesionais deste deporte. As dúas virtudes máis importantes e características de Steve Nash son: a súa capacidade para asistir aos seus compañeiros de calquera xeito practicamente e sempre da forma máis adecuada (permitíndose en multitude de ocasións realizar movementos espectaculares) e a súa facilidade para converter anotacións de todos os tipos, sobre todo en canto o que a lanzamentos de tres puntos se refire.

Curisidades[editar | editar a fonte]

  • É fan dos equipos de fútbol Real Madrid de España, Tottenham Hotspur de Inglaterra e Olimpia de Paraguai, por influencia do seu pai e da súa esposa, respectivamente. O seu xogador de fútbol favorito é Zinedine Zidane.
  • Está casado coa paraguaia Alejandra Amarilla desde xuño de 2005, con quen ten dúas fillas xemelgas, Lola e Bella.
  • En 2001 fundou a súa propia Fundación Steve Nash.
  • O escritor Jeff Rudd adicoulle un libro: Long Shot: Steve Nash's "Journey to the NBA
  • Fixo un cameo na popular serie Entourage na súa sexta tempada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]