Småland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSmåland
Imaxe

Símbolo oficialLinnaea borealis (flores provinciais en Suecia) Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 57°06′04″N 14°53′53″L / 57.101, 14.898Coordenadas: 57°06′04″N 14°53′53″L / 57.101, 14.898
EstadoSuecia
Condadocondado de Jönköping Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación776.277 (2020) Editar o valor em Wikidata (26,47 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie29.330 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoTomtabacken (pt) Traducir (377 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario

Småland ou Smolandia é unha provincia histórica ou comarca (landskap) do sueste de Suecia. Limita ao norte coa provincia de Östergötland, ao sur coas de Skåne e Blekinge, ao oeste con Halland e Västergötland, e ao leste con Öland (coa cal está conectada por unha ponte) e co mar Báltico.

É coñecida por ser a provincia onde naceu Linneo, Astrid Lindgren e onde se creou IKEA, que naceu como un pequeno almacén.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome (1240 Smalandiis) refírese aos países pequenos.[1] O nome usábase como unha designación colectiva para os moitos pequenas países que había entre Götaland e Dinamarca. O termo usouse na Idade Media como un nome alternativo para o Tiohärads lagsaga e posteriormente para outro lagsaga (distrito xudicial ou lexislativo) establecido en 1559, o lagsaga de Småland, que incluía a área da actual Småland que non pertencía ao Tiohärads lagsaga. Na década de 1560 redactouse o escudo de armas da provincia de Småland.

En 1634-1639 e 1679-1680 usouse o nome no condado de Småland, onde en 1634-1639 só se refería á área dos actuais condados de Jönköping e Kronoberg, mentres que en 1679-1680 referíase a toda Småland. No ano 1687 estabilizáronse as fronteiras terrestres, estabilizándose tamén as de Småland que, agás nos casos anteriores, nunca chegou a ser unha unidade e termos administrativos, xudiciais, militares ou eclesiásticos.[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

A súa superficie é de 29 330 km² e en decembro do ano 2021 tiña unha poboación de 779 980 habitantes.[3]

Nas partes internas da provincia os seus solos son moi pouco fértiles por mor da morena pedregosa, e por iso os seus habitantes teñen que facer duros esforzos para cultivaren a terra.

Limitaba coas antigas provincias de Blekinge, Escania, Halland, Vestrogotia, Ostrogotia e co mar Báltico.

Na actualidade o seu territorio está repartido entre os condados de Jönköping, Kalmar e Kronoberg.[4][5][6]

Principais cidades[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa de Småland na Era Viquinga.

Existen vestixios de poboamento da rexión desde o ano 6000 a.C.

Na época dos viquingos e no comezo da Idade Media, a futura provincia histórica da Småland estaba constituída por unhas 10 "pequenas terras" autónomas (små land), unha especie de pequenas provincias históricas antigas (folkland), localizadas nesta área situada entre os territorios dos Gautas e os territorios de Dinamarca.

Obxecto de numerosas disputas militares entre gotas e daneses, e máis tarde entre suecos e daneses, Småland acabou por ser formalmente identificada como parte de Suecia contra o século XI, tal como se menciona nun primeiro tratado asinado polo rei sueco Emundo, o Vello e polo rei de Dinamarca.

No século XVI foi asolada a causa dunha rebelión campesiña contra o rei Gustavo Vasa –a Dackefejden– con caracteres dunha auténtica guerra civil.

No século XIX a pobreza da rexión levou á emigración de 200.000 persoas para os Estados Unidos.[6][7][8][9]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Svenskt ortnamnslexikon : utarbetat inom Språk- och folkminnesinstitutet och Institutionen för nordiska språk vid Uppsala universitet. Uppsala: Språk- och folkminnesinstitutet. 2003. ISBN 978-91-7229-020-4. OCLC 56599861. 
  2. Lars-Olof Larsson, Land och län under kristendomens millennium. Ingår i: Landen kring sjöarna, red. Lennart Johansson, Kronobergsboken 1999-2000. Växjö 1999. p. 66-67.
  3. "Folkmängd i landskapen den 31 december 2021". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2023-01-07. 
  4. Wahlberg, Mats (2003). Svenskt ortnamnslexikon (Dicionario dos nomes das localidades suecas) Småland. Uppsala: Språk- och folkminnesinstitutet e Institutionen för nordiska språk vid Uppsala universitet (en sueco). p. 294. ISBN 91-7229-020-X. 
  5. Britt-Marie Hammarskiöld; et al. "Småland". Nationalencyklopedin (Enciclopedia Nacional Sueca) (en sueco). Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Örjan Martinsson. "Småland". Tacitus.nu (en sueco). Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  7. Klas-Göran Selinge. "Småland - Förhistoria". Nationalencyklopedin (Enciclopedia Nacional Sueca) (en sueco). Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  8. Lars-Olof Larsson. "Småland - Historia". Nationalencyklopedin (Enciclopedia Nacional Sueca) (en sueco). Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  9. Bo Beckman. "Smålands historia". Sjöhester (en sueco). Consultado o 3 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]