Silio Itálico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silio Itálico
Nome completoTiberius Catius Asconius Silius Italicus
Nacemento26
Lugar de nacementoCiudad romana de Itálica
Falecemento101
Lugar de falecementoCampania
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónavogado, político, poeta, escritor, militar e historiador
Coñecido porPunica
editar datos en Wikidata ]

Silio Itálico (nome completo: Tiberius Catius Asconius Silius Italicus) foi un poeta e político romano nado o ano 26 e morto o 101.

Foi cónsul o ano 68.

É o autor das Punica, epopea en dezasete cantos e 12.000 hexámetros que narra a segunda guerra púnica. Os acontecementos narrados van do xuramento de Aníbal ao triunfo de Escipión tras a batalla de Zama. O estilo desta epopea segue o modelo de Virxilio e comprende algúns xiros audaces, pero unha lingua aínda plenamente clásica pola súa claridade. A obra está chea de detalles eruditos, especialmente xeográficos.

Fibrarum et pennae divinarumque sagacem flammarum misit dives Gallaecia pubem, barbara nunc patris ululantem carmina linguis, nunc pedis alterno percussa verbere terra, ad numerum resonas gaudentem plaudere caetras.
A rica Galicia enviou aos seus homes, hábiles no coñecemento das entrañas das bestas, no voo dos paxaros e no dos lóstregos. Guerreiros que gustan de cantar rudas baladas na súa lingua nativa, bailar golpeando o chan cos pés e facer resoar ritmicamente as súas rodelas.
Silio Itálico, 344, libro 3º

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Silius Italicus, La Guerre punique, 4 tomes. Texte établi et traduit par Pierre Miniconi, Georges Devallet, Josée Volpilhac-Lenthéric & Michel Martin. París: Les Belles Lettres, 2003 (2ª edición).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Punica, livres I-IV As Punica en latín.
  • Silius Italicus : Punica, collection Nisard [1] na páxina de Philippe Remacle