Sidney Moncrief

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sidney Moncrief
Posición Escolta
Dorsal 4, 15
Altura 1,90 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Nacemento 21 de setembro de 1957 (66 anos)
Little Rock (Arcansas)
Carreira
Universidade Arcansas
NBA Draft 1979 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por Milwaukee Bucks
Tempadas 19791991
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     11 517
Rebotes     3 575
Asistencias     2 793
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Sidney A. Moncrief, nado o 21 de setembro de 1957 en Little Rock (Arcansas), é un ex xogador e actual adestrador de baloncesto profesional estadounidense. Como xogador caracterizouse por ser un excelente defensor, xogando de base ou escolta, con 1,82 metros de altura. Na actualidade é o adestrador do equipo Fort Worth Flyers da NBA Development League.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Durante 4 anos pertenceu ao persoal da Universidade de Arcansas, cos cales chegou, no ano 1978, á Final Four da NCAA. Ao longo da súa carreira universitaria, promedió 16,9 puntos, 8,3 rebotes e 2 asistencias por partido.

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na 5ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1979 polos Milwaukee Bucks, equipo no que desenvolveu practicamente toda a súa carreira, permanecendo durante 10 tempadas. Caracterizouse polo seu excelente defensa e polo seu poder anotador. Foi elixido Mellor Defensor da liga en dúas ocasións, e elixido no mellor quinteto defensivo da NBA en 4 ocasións. O seu poder anotador demóstrase ao acabar durante 4 tempadas con máis de 20 puntos por partido.

Tras pasar un ano en branco por culpa das lesións, regresou ás canchas en 1990 coa camiseta dos Atlanta Hawks, na que sería a súa última tempada. Durante once campañas na NBA fixo 15,6 puntos, 4,7 rebotes e 3,6 asistencias por partido.

Equipos[editar | editar a fonte]

Adestrador[editar | editar a fonte]

En 2006 volveu ter relación co baloncesto, ao facerse cargo como adestrador dos Fort Worth Flyers, equipo da NBA Development League, cargo que desempeña na actualidade.

Logros persoais[editar | editar a fonte]

  • Elixido en 5 ocasións para disputar o All-Star Game.
  • Elixido Mellor Defensor en 1983 e 1984.
  • Elixido no mellor quinteto da NBA en 1983 (4 veces máis no segundo).
  • Elixido no mellor quinteto defensivo da NBA en 4 ocasións (1 no segundo).
  • A súa camiseta co número 4 foi retirada polos Milwaukee Bucks como homenaxe.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]