Servio Sulpicio Galba, emperador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Servio Sulpicio Galba, emperador
Nacemento24 de decembro de 3 a. C. e 24 de decembro de 5 a. C.
Lugar de nacementoTerracina
Falecemento15 de xaneiro de 69 e xaneiro de 69
Lugar de falecementoRoma
SoterradoRoma
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico e militar
PaiGalba
NaiMúmia Acaica e Livia Ocellina
CónxuxeAemilia Lepida
Fillosvalor descoñecido, valor descoñecido e Pisão Frugi Liciniano
IrmánsCaio Sulpício Galba
Na rede
Find a Grave: 34478259 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Servius Sulpicius Galba (24 de decembro de 3 a.C. - 15 de xaneiro de 69) foi un emperador romano.

Foi un dos gobernadores que se alzou contra a tiranía de Nerón. Era gobernador da provincia Tarraconense e ao seu levantamento pronto se xunguiron os seus colegas de Lusitania, África e Exipto.

Servio Sulpicio Galba foi nomeado emperador polas lexións e os pretorianos en Clunia, na actual provincia de Burgos, inaugurando deste xeito o que acabaría por ser un costume. En efecto, as lexións atoparon a capacidade de presión que podían exercer sobor dunha Roma que só dispuña dunha guarnición de pretorianos. Só era necesario a ratificación do Senado, o que rematou por ser unha mera formalidade.

Marchou a Roma, onde instaurou un poder forte, que pronto recibiu o rechazo pola súa severidade. Os pretorianos, que se uniran á rebelión para acadar unha recompensa, non a recibiron, así como Marco Salvio Otón, gobernador da Lusitania, quen foi nomeado emperador polos pretorianos despois de asasinar a Galba no ano 69. Só permanecera uns meses como emperador.

Imperio Romano

Segue a:
Nerón
Servio Sulpicio Galba, emperador
(69-69)

Precede a:
Otón
Ano dos catro emperadores