Servette FC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Servette FC, é un club de fútbol da cidade suíza de Xenebra. Fundouse en 1890 como o "Football Club de la Servette" (sendo a Servette o barrio da cidade xenebrina onde o conxunto granate disputaba os seus partidos), é o segundo club máis laureado do fútbol helvético.

Actualmente disputa os seus encontros no Stade de Genève desde o 2003, ano no que abandonou o seu vello e histórico Stade des Charmilles, no mencionado barrio da Servette, para trasladarse a este novo estadio construído con motivo da celebración, no verán de 2008, da Eurocopa.

O conxunto granate compite nestes momentos na segunda división do fútbol suízo, a Challenge League, tras caer na bancarrota no ano 2004 e retomar a competición na 1ère Ligue, liga de afeccionados.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme títular: Camiseta, pantalón e medias granates con reberetes laranxas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias brancas.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]