Serra do Aramo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O encoro de Alfilorios e ao fondo a serra do Aramo.

A serra do Aramo é un cordal calcario localizado na parte central do Principado de Asturias, en España. Ten case 20 km de lonxitude e 7,0 km de largo e avanza en dirección norte desde os primeiros contrafortes da cordilleira Cantábrica, separando ao oeste a conca do Trubia e ao leste a conca do Caudal. O cordal separa os concellos de Quirós, ao oeste, e Riosa e Morcín, ao leste.

As súas alturas principais son: o Gamonal, a Berriscal e o Gamoniteiru, sendo este último a maior elevación, con 1786 m. O ascenso á primeira, a través de L'Angliru, alcanzou notoriedade ao ser o final de etapa en varias edicións da Volta Ciclista a España. A súa forma impoñente configúrao como un dos fitos referenciais da paisaxe do centro de Asturias.

Forma parte dende 1994 da Rede Rexional de Espazos Naturais Protexidos de Asturias.