Serra de Tejeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Serra de Tejeda é unha formación montañosa pertencente á Cordilleira Penibética situada entre as provincias de Málaga e Granada ó sur de España. Xunto coas serras de Almijara e Alhama constitúe un macizo calizo que fai de fronteira entre as dúas provincias, separando a Axarquía do Campo de Zafarraya e a Depresión de Granada. Nestas Serras está o Parque Natural de las Sierras de Tejeda, Almijara y Alhama.

A Serra de Tejeda esténdese en dirección oeste-leste, a través dunha paisaxe escarpada que ten o seu cume no pico de La Maroma a 2066 metros sobre o nivel do mar.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome da Serra de Tejeda ven do abundantes que eran os teixos no pasado e dos que hoxe só queda unha tellada, a máis meridional da Península Ibérica.

Fauna[editar | editar a fonte]

Entre a fauna pódese atopar a aguia real e a aguia perdiceira, así como a cabra montesa, que ten no Parque Natural unha das familias máis numerosas do país.

O esquío é outro dos animais que poden ser vistos na serra, o cal chegou de xeito natural a estas proximidades, e que converteuse nun complemento que substitúe as capturas de coellos cando estes, por causas de enfermidades que afectan ó home, son escasos e difíciles de conseguir.