Serra Morena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serra Madrona, parte de Serra Morena.

Serra Morena é un cordal que constitúe o reborde meridional da Meseta Central da Península Ibérica.

Características[editar | editar a fonte]

A súa aparición produciuse na Era Terciaria, como froito do movemento da oroxenese alpina, cando a presión da placa africana afectou o zócolo do macizo hespérico e os sedimentos depositados nas súas beiras. De xeito que máis que dun pregamento pódese falar dunha combinación de flexión e falla, con presenza de materiais duros e antigos, xunto con outros máis plásticos e novos. De feito, máis semella unha grande enfesta que un cordal, pois actúa como chanzo de descenso desde a Meseta até a depresión do río Guadalquivir, que a flanquea polo Sur.

Esténdese uns 400 km polo norte de Andalucía e en dirección leste-oeste, incluíndo en si varias serras: Serra Madrona, a Serra de Aracena, Serra de Hornachuelos etc.

Presenta unha gran riqueza mineira, explotada desde tempos prehistóricos, ademais do aproveitamento forestal, cinexético e gandeiro. Na actualidade boa parte da súa superficie está protexida pola declaración de varios destas paraxes ou Parques Naturais, como son: Despeñaperros, a Serra de Andújar (Xaén), a Serra de Cardeña-Montoro, o Parque Natural da Serra de Hornachuelos, Serra Norte de Sevilla, e a Serra de Aracena (Huelva).O seu monte máis alto é a Bañuela, 1.330 msnm, en Serra Madrona.

Identifícase co Saltus Castulonensis dos romanos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]