Sergio Agüero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sergio Agüero
Información persoal
Nome Sergio Leonel Agüero del Castillo
Nacemento 2 de xuño de 1988 (35 anos)
Lugar de nacemento Buenos Aires
Altura 1,75 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1997–2003 Independiente
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2006 Independiente 54 (23)
2006–2011 Atlético de Madrid 175 (74)
2011–2021 Manchester City 275 (184)
2021 Barcelona 4 (1)
Total 508 (282)
Selección nacional
2005–2007 Arxentina sub-20 7 (6)
2008 Arxentina sub-23 5 (2)
2006–2021 Arxentina 101 (41)
Na rede
https://sergioaguero.com
IMDB: nm4097420 Facebook: sergioelkunaguero Twitter: aguerosergiokun Instagram: kunaguero Youtube: UCMl6IV2MR5W2gg4qHYAqcoQ TikTok: kunaguero Discogs: 1790725 FIFA: 228528 UEFA: 1903543 WikiTree: Agüero_del_Castillo-1 Genius: Sergio-aguero Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Sergio Leonel Agüero del Castillo, coñecido como Kun Agüero, nado en Quilmes, na provincia de Buenos Aires o 2 de xuño de 1988, é un exfutbolista arxentino. Obtivo a súa nacionalidade española o 3 de decembro do 2010. Xogaba como dianteiro ou como media punta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Atlético de Madrid[editar | editar a fonte]

O balance da súa tempada 2006-2007 no Atlético mostra que debutou na totalidade dos corenta e dous partidos oficiais do seu equipo; vinte e sete como titular e marcando sete goles. Aínda que o atlético quedou na sétima posición da liga e avanzado ata os dezaseisavos da final da Copa do Rei.

Na tempada 2007-2008 colaborou para que o seu equipo sexa un dos gañadores da Copa Intertoto, clasificándose para a Copa da UEFA. Grazas a esta competición, o 16 de agosto marcou o seu primeiro gol internacional, fronte o equipo FK Vojvodina serbio. Xogou nove partidos, dos cales marcou seis goles e só unha expulsión. O motivo desa expulsión foi que, mentres xogaban pola Copa da UEFA fronte o Bolton Wanderers inglés, lle cuspiu a un rival. Por esta sentenza estivo sen poder xogar a volta. Na Copa do Rei participou en catro partidos, quedando o seu equipo eliminado de cuartos da final. As súas mellores actuacións foron por liga, disputando trinta e sete partidos e marcando vinte goles máis. Xunto cos seus compañeiros logrou un cuarto posto que permitiu clasificar o Atlético na liga de Campións da UEFA tras doce anos. Sergio recibiu o Premio Antonio Puerta (mellor xogador da tempada) e o Trofeo EFE (mellor xogador iberoamericano).

Na tempada 2008-2009 presentada para o Atlético como un triplo desafío: Liga, Copa do Rei e Liga de Campións. Sergio comezou a temporada tan só catro días despois da final olímpica, colaborando cun gol para que o seu equipo derrote ao FC Schalke 04 alemán por 4-0. Pola liga debutou ante o Málaga o 31 de agosto. Pola Copa do Rei, o Atlético caeu en oitavos na final fronte o FC Barcelona.

Na tempada 2009-2010, ao non ser clasificados en oitavos na final de Liga de Campións da UEFA, puideron pasar aos dezaseisavos da final da Europa League. E así, proclamouse campión da UEFA Europa League tras vencer ao equipo Fulham FC 2-1, con goles de Diego Forlán. Aínda que tamén acabaron subcampións da Copa do Rei tras perder contra o Sevilla FC cun marcador de 0-2.

Ao comezo da tempada do 2010-2011, foi campión da Supercopa de Europa tras vencer ao Inter de Milán por 2-0, onde anotou o seu segundo gol. Esa mesma temporada, o 11 de decembro de 2010, disputaría fronte ao Deportivo da Coruña o que sería o seu partido número 300, que acabaría coa vitoria de dous a cero, na que el mesmo meteu eses dous goles. O 4 de xaneiro do 2011, Sergio anunciou a renovación do contrato ata o ano 2014 e o día seguinte sería elixido o segundo capitán do equipo, compartido con Diego Forlán.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Sergio Agüero está emparellado con Gianinna Maradona, filla do exfutbolista e ex-director técnico da selección arxentina Diego Maradona, dende o principio do 2008, coa que ten un fillo español, chamado Benjamín Agüero Maradona, que naceu o día 19 de febreiro de 2009 en Madrid.[1] Sentimentalmente tamén se lle vinculou con anterioridade ás modelos Eliana Guercio, con quen supostamente mantiña un breve romance, e Jesica Cirio, pola cal demostraba un profundo interese.[2]

Sergio Agüero participou na película de Santiago Segura Torrente 4 (2011) xunto con outros futbolistas como Álvaro Arbeloa, Sergio Ramos, Raúl Albiol e Gonzalo Higuaín.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Referencias:[3]

  • PX: Partidos xogados
  • T: Partidos xogados como titular
  • S: Partidos xogados como suplente
  • goles: goles
  • expulsiones: expulsións
Argentina Independente
Tempada Competición PX T S goles expulsións
2002/03 Clausura 2003 1 0 1 0 0
2003/04 Apertura 2003 0 0 0 0 0
Clausura 2004 5 2 3 0 0
Copa Libertadores 2004 2 15 2 0 0
2004/05 Apertura 2004 7 3 4 2 0
Clausura 2005 5 5 0 3 0
2005/06 Apertura 2005 18 18 0 9 1
Clausura 2006 18 17 1 9 0
TOTAL 56 45 11 23 1


España Atlético de Madrid
Tempada Competición PJ T S goles expulsións
2006/07 Liga 38 25 13 6 0
Copa do Rei 4 2 2 1 0
2007/08 Liga 37 35 2 19 2
Copa do Rei 4 3 1 2 0
Copa Intertoto 1 1 0 0 0
Copa da UEFA 8 6 2 6 1
2008/09 Liga 37 34 3 17 0
Copa do Rei 1 1 0 0 0
Liga de Campións 8 6 2 3 0
2009/10 Liga 31 24 7 12 0
Copa do Rei 7 6 1 2 0
Liga de Campións 6 5 1 2 0
Europa League 8 8 0 2 0
2010/11 Liga 15 14 1 7 0
Copa do Rei 4 4 0 3 0
Europa League 4 3 1 3 0
Supercopa da UEFA 1 1 0 1 0
TOTAL 214 178 36 86 3


Resumo en clubs
Equipo Partidos PJ T S goles expulsiones
Independiente Liga 54 45 9 23 1
Copa Libertadores 2 0 2 0 0
Atlético de Madrid Liga 158 132 26 61 2
Copa do Rei 20 16 4 8 0
Copa Intertoto 1 1 0 0 0
Copa da UEFA 8 6 2 6 1
Europa League 12 11 1 5 0
Liga de Campións 14 11 3 5 0
Supercopa da UEFA 1 1 0 1 0
TOTAL 270 223 47 109 5


Arxentina Selección arxentina xuvenil
Competición PJ T S goles expulsións
Suramericano Sub-16 2004 5 5 0 3 0
Mundial Sub-20 2005 4 0 4 0 0
Mundial Sub-20 2007 7 7 0 6 0
Xogos Olímpicos 2008 5 5 0 2 0
TOTAL 21 17 4 11 0


Arxentina Selección arxentina
Ano Competición PJ T S goles expulsións
2006 Amigábeis 2 0 2 0 0
2007 Amigábeis 2 0 2 0 0
Eliminatorias 2 1 1 1 0
2008 Amigábeis 3 3 0 2 0
Eliminatorias 6 4 2 2 0
2009 Amigábeis 1 1 0 0 0
TOTAL 16 9 7 5 0


Resumo xeral
Equipo PJ T S goles expulsións
Independiente 56 45 11 23 2
Atlético de Madrid 214 178 36 86 3
Seleccións xuvenís 21 17 4 11 0
Selección maior 16 9 7 5 0
TOTAL 307 249 58 125 5

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [https://web.archive.org/web/20090222170809/http://www.clarin.com/diario/2009/02/19/um/m-01862129.htm Arquivado 22 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Clarin: Nació el nieto de Maradona en España,19 de febreiro de 2009
  2. "Infobae: Las mujeres de Agüero". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2011. Consultado o 24 de xaneiro de 2011. 
  3. Elaborado a partir de www.conmebol.com, www.terra.com.ar, www.universofutbol.com, www.fifa.com, www.lfp.es[Ligazón morta] y www.uefa.com.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]