Senén Bernárdez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Senén Bernárdez Álvarez
Nacemento24 de maio de 1930
Lugar de nacementoGomesende
Falecemento22 de xaneiro de 2013
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncientífico e político
editar datos en Wikidata ]

Senén Bernárdez Álvarez, nado en Gomesende o 24 de maio de 1930 e finado en Ourense o 22 de xaneiro de 2013[1], foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas[Cómpre referencia] e en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1955 estableceuse cunha oficina de farmacia en Padrenda, e tres anos máis tarde (1958) trasladouse a Ourense, onde exerceu como farmacéutico ata o seu retiro en 2005. Foi presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense entre 1968 e 1981. Durante estes anos desempeñou outros postos destacados no campo farmacéutico.

Entrou en política coa UCD, pola que foi elixido deputado no Parlamento de Galicia en 1981. Logo das eleccións xerais de 1982, foi un dos tres senadores galegos designados pola comunidade autónoma, e o único que representou a UCD. Porén, coa disolución da UCD integrouse en Coalición Galega, de quen actuou como senador no grupo Mixto ata 1986. Volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1985, aínda que renunciou o 7 de xullo de 1986.

Nesas eleccións xerais de 1986 foi elixido primeiro deputado galeguista no Congreso dos Deputados dende a República, ao resultar escollido pola provincia de Ourense.

Obra[editar | editar a fonte]

As súas intervencións foron publicadas nos libros Coalición Galega en el Senado (segunda legislatura) e Coalición Galega en el Congreso de los Diputados (Tercera legislatura).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]