Semur-en-Auxois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSemur-en-Auxois
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°29′27″N 4°19′58″L / 47.4908, 4.3328Coordenadas: 47°29′27″N 4°19′58″L / 47.4908, 4.3328
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsBorgoña-Franco Condado
DepartamentoCôte-d’Or Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación4.068 (2021) Editar o valor em Wikidata (212,54 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921837 Traducir
Q114359465 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie19,14 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Armançon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude237 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal21140 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webville-semur-en-auxois.fr Editar o valor em Wikidata
Facebook: villedesemurenauxois Twitter: Semur_en_Auxois Instagram: semurenauxois Editar o valor em Wikidata
O Armançon ao seu paso por Semur-en-Auxois

Semur-en-Auxois é unha pequena vila francesa, situada no departamento da Côte-d'Or na rexión da Borgoña.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Semur-en-Auxois atópase situado no oeste do departamento da Côte-d'Or, nunha revolta do río Armançon, nuns terreos rochosos onde domina o granito rosa. Cunha pequena extensión de só 19,14 km², En 1999 tiña 4453 habitantes, segundo o censo.

Historia[editar | editar a fonte]

Escudo da vila
Escudo da vila

Lugar habitado dende hai moitos séculos, a lenda conta que foi o propio Hércules quen fundou Semur-en-Auxois ao seu regreso da Hispania. Pero ata o ano 606 non se atopan testemuños escritos da existencia da vila, cando o documento de fundación da abadía de Flavigny-sur-Ozerain recolle unha referencia á vila sene muro (lt. "vellas murallas"). En 1276 a vila recibe un foro de liberdade outorgado por Roberto II, duque de Borgoña, e a mediados do século XIV, durante a Guerra dos Cen Anos, a cidade expándese coa construción dunha nova e reforzada muralla.

Pero a súa fidelidade ao duque de Borgoña fronte aos reis de Francia vaille custar á vila unha invasión en 1478, cando as tropas de Lois XI a atacan. O seu segundo ataque de importancia tivo lugar durante as guerras de relixión, cando o mariscal de Tavannes, a toma en 1589. En 1602 o rei Henrique IV obriga a destrución das murallas da cidade, e noméaa capital do bailío de Auxois, con algunhas prerrogativas económicas e administrativas.

Turismo e cultura[editar | editar a fonte]

Fermosa e pequena vila de ribeira, conta con algúns edificios de importancia histórica, moitos deles (como as catro torres, diversas portas ou o paseo das murallas) relacionados coas antigas murallas e cos restos que delas quedan aínda. Ademais, a colexiata da Nosa Señora, construída en 1225 pero refeita en diversas ocasións, é o edificio relixioso máis interesante, cunha fachada do século XVI e con detalles moi característicos do gótico flamíxero borgoñón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]