Saxamonde, Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saxamonde
Igrexa parroquial
ConcelloRedondela[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°15′09″N 8°36′04″O / 42.2525, -8.6011111111111Coordenadas: 42°15′09″N 8°36′04″O / 42.2525, -8.6011111111111
Poboación778 hab. (2014)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

San Román de Saxamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 778 habitantes (365 homes e 413 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 808 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Por aquí pasaba a vía XIX do itinerario de Antonino. Na parroquia había un miliario do século II, atopado pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, cortado lonxitudinalmente en catro partes usadas como postes para parras. Dúas das partes estaban no Socalco de Veigadeira, leira do lugar de Padrón (topónimo este que fai referencia á pedra), a 30 metros da Estrada Vella. As outras dúas partes estaban na parroquia de Quintela. O miliario, de 2,9 m de alto e 2,29 m de diámetro, está dedicado a Publio Elio Hadriano, emperador entre os anos 117 e 138. O texto indica que o miliario está a 17 millas de Tui.

IMPCAESTRAIANO
ADRIANO AV
PONTIFMAX
TRIBPOTEST II
COS III PPAT
MPXVII
Imp(eratori) Caes(ari) Traiano
[H] adriano Au [g(usto)]
Pontif(ici) Max(imo)
Tri(bunicia) Postest(ate) [XVI] II
Co(n)s(uli) III P(atri) P(atriae)
[ A T(ude)] M(ilia) P(assuum) XVII.

En 1159 o rei Fernando II concedeu a Gonzalo Muñoz o señorío de Saxamonde, con xurisdición civil e criminal. Casou con Estefanía Aldonza Páez de Valadares, filla de Paio Suárez de Valadares, quen ao non ter fillos homes nomeouna herdeira. Así, o señorío de Valadares pasou a pertencer ao de Saxamonde, estando o pazo solar no lugar dos Valos. O fillo de Gonzalo e Estefanía, Álvaro Fernández de Valadares, morreu na Batalla das Navas de Tolosa (1212). O coto estaba composto polas parroquias de Alcabre, Lavadores, San Miguel de Oia, Cabral, Matamá, Freixeiro, Saxamonde, Nespereira, Quintela, Cabeiro e Vilar de Infesta. A casa solar foi destruída na Gran Guerra Irmandiña, segundo se menciona no preito Tabera - Fonseca.

O 19 de marzo de 1692 o rei Carlos II concedeu a Jacinto Sarmiento Valadares, señor de San Román de Saxamonde, o título de conde de San Román. Jacinto Sarmiento foi ministro do Consello de Italia durante o reinado de Filipe V, e con anterioridade fora inquisidor en Santiago de Compostela. Finou solteiro en 1727, herdando o título a súa curmá Josefa de Omaña Sarmiento de Valadares, que casou con Pedro de Miranda y Osorio.

En abril de 1809 as tropas francesas que loitaban na guerra da independencia española asasinaron 19 persoas e prenderon lume a diversas construcións. En 1875 construíuse o túnel dos Valos, na vía do ferrocarril que une Vigo e Ourense.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Saxamonde[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Saxamonde no concello de Redondela (Pontevedra)

Casal do Monte | Padrón | O Souto | Os Valos

Parroquias de Redondela[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela

Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]