Santiago Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago Álvarez
Nacemento11 de febreiro de 1913
Lugar de nacementoSan Miguel do Outeiro
Falecemento29 de abril de 2002
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
OcupaciónComisario político e político
editar datos en Wikidata ]

Santiago Álvarez Gómez, nado en San Miguel do Outeiro (Vilamartín de Valdeorras), o 11 de febreiro de 1913 e finado en Madrid o 29 de abril de 2002, foi un político comunista galego, fundador do Partido Comunista de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia labrega, Álvarez realizou apenas estudos primarios. Foi campesiño e segador de mozo. Aos catorce anos tomou conciencia política. Proclamada a Segunda República Española afiliouse ao Partido Comunista, organizando unha sección na comarca valdeorresas. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en outubro. Logo das eleccións de febreiro de 1936, gañadas pola Fronte Popular, Santiago Álvarez entrou como concelleiro da corporación de Vilamartín.

O 18 de xullo de 1936 colleuno en Madrid, onde organizou xunto a Castelao as Milicias Populares Galegas, en boa parte integradas por segadores galegos esparramados polas Castelas, aos que convenceron ambos. Durante a Guerra Civil exerceu como Comisario político, primeiro nas mesmas milicias por el cofundadas e logo na XIª División so o mando do tamén galego Enrique Líster. Participou na defensa de Madrid e en varias batallas: Jarama, Guadalaxara, Brunete, Sur do Texo, Garavitas... Foi director e redactor de El Miliciano Gallego e Acero, revista do V Corpo do Exército Popular e colaborou en El Comisario, La Voz del Combatiente e Ejército.

Posguerra[editar | editar a fonte]

Exiliouse logo do fin da contenda, con estadías en diversos países, primeiro en Francia, para en outubro de 1939 saír para a República Dominicana, e logo para Cuba, onde permaneceu até o 18 de xullo de 1944. Despois de pasar por varios países americanos, volveu a España en 1944 clandestinamente, mais foi detido a fins de agosto de 1945, sendo torturado na Dirección Xeral de Seguridade durante tres días coas súas noites. Foi xulgado nun consello de guerra e condenado a 18 anos de cadea,[1] e pasou por varias penitenciarías. Entre 1946 e 1951 estivo en situación de illado na cadea de Logroño, onde tentou completar a súa formación con variadas lecturas. En 1954 foi indultado e levado directamente ao aeroporto, saíndo para Cuba. Aos poucos estaba en Francia, desde onde entrou a España e a Galiza varias veces.

No Comité Central. Fundación do PCG[editar | editar a fonte]

Formando xa parte do Comité Central do PCE formulou en 1965 a creación do Partido Comunista de Galicia (PCG). Desde 1968, data da súa fundación, sería secretario xeral da nova formación. Ao volver a España en 1976 pasou dous meses encarcerado en Carabanchel, e outra vez a fins de ano. Nas eleccións de 1977 encabezou a candidatura do PCE pola provincia de Pontevedra, pero non resultou elixido.[2] Nos anos da transición Santiago Álvarez seguiu formando parte do Comité Central do PCE, mais abandonou en 1979 a Secretaría do PCG. Sen deixar a actividade política dedicouse a escribir as súas memorias políticas e outros libros de investigación.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Sobre Galicia. Edit. de la Libraire de Globe. París, 1968.
  • Ensaio encol do problema nacional galego. Akal Editor. Madrid, 1976
  • Qué es el PCG. Akal Editor. Madrid, 1977.
  • El Estado y las nacionalidades. Editorial Cénit. Madrid, 1977.
  • El Partido Comunista y el campo. Ediciones de la Torre. Madrid, 1977.
  • Las nacionalidades en España. Forma. Madrid, 1978.
  • Galicia, nacionalidad histórica causas de su marginación, su perspectiva. Ediciones Ayuso. Madrid, 1980.
  • La retirada, la lucha guerrillera y el cambio de táctica. Fundación de Investigaciones Marxistas. Madrid, 1980.
  • Memorias. I. Recuerdos de infancia y de juventud (1920-1936).Ediciós do Castro. Sada,1985.
  • Las milicias populares gallegas: un símbolo de la Galicia antifranquista. Ediciós do Castro. Sada, 1989.
  • Los comisarios políticos en el ejército popular de la República. Aportaciones a la historia de la guerra Civil española (1936-1939): testimonio y reflexión. Ediciós do Castro. Sada, 1989.
  • Ensayos histórico-políticos. Sotelo Blanco. Compostela, 1990.
  • Memoria da guerrilla. Edicións Xerais. Vigo. 1991.
  • Osorio Tafall: su personalidad, su aportación a la Historia. Ediciós do Castro. Sada. 1992.
  • Castelao y nosotros los comunistas. Ediciós do Castro. Sada. 1993 (2ª edic).
  • Negrín, personalidad histórica: biografía. Ediciones de la Torre. Madrid. 1994.
  • Historia política y militar de las brigadas internacionales. Compañía Literaria. Madrid, 1996.

Artigos (lista parcial)[editar | editar a fonte]

  • "Notas críticas sobre la posición de la socialdemocracia", in Nuestra Bandera. Madrid. Nº 44-45, maio-xuño 1965, pp.45–55.
  • "Los comunistas y la colaboración con los católicos", in Nuestra Bandera. Madrid. Nº 47-48. 1966, pp. 71–79.
  • "El origen y la formación de la nacionalidad gallega", in Nuestras Ideas: teoría, política, cultura. Bruselas. Nº 12. 1961, pp. 26-50.[3]
  • "Las luchas de los irmandiños gallegos del siglo XV", in Realidad: Revista de cultura y política. Roma, Nº 9. 1966, pp. 16-38.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 19-5-1946, p. 1.
  2. El Pueblo Gallego, 13-4-1977, p. 13.
  3. "Origen y formación de la nacionalidad gallega / Santiago Álvarez". Cervantes Virtual. 
  4. "Las luchas de los irmandiños gallegos del siglo XV". Cervantes Virtual. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]