Sandra Barral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sandra Barral
Nome completoSandra María Barral Rodríguez
Nacemento1973
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxenetista e investigadora
Na rede
Dialnet: 4191060
editar datos en Wikidata ]

Sandra María Barral Rodríguez, nada na Coruña en 1973, é unha científica galega especialista en xenética, e unha das máis destacadas estudosas da enfermidade de Alzheimer.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, e fixo a súa tese de doutoramento en Xenética baixo a dirección do doutor Ángel Carracedo,[1] tese que foi lida en 1999.[2]

Labor profesional[editar | editar a fonte]

Despois de traballar un tempo nun grupo coruñés, diante da falta de expectativas, que fixeron que chegara a pensar en abandonar a ciencia, decidiu emigrar a outro país onde poder dedicarse a ela, e así chegou a Nova York, buscando «os mellores laboratorios do mundo».[1]

Barral considérase a si mesma como unha "veterana" entre os cerebros galegos no estranxeiro —a Fundación Barrié premiouna recentemente pola súa traxectoria—[3] e contempla con pesimismo a situación do I+D en España. «Desafortunadamente, empeora a pasos axigantados, é desolador e, ademais, hai pouco respecto pola profesión de científico».[1]

A científica coruñesa apostou hai 15 anos por especializarse nas bases xenéticas da enfermidade de Alzheimer dedicándose a descifrar os enigmas desta doenza nun dos laboratorios de referencia sobre a materia.[4]

As súas investigacións[editar | editar a fonte]

As súas investigacións céntrase principalmente no mapeo dos xenes que contribúen á susceptibilidade á enfermidade de Alzheimer e a outros trastornos neurodexenerativos humanos. Segundo Barral, «aínda que a etioloxía desta enfermidade non se coñece por completo, existe unha evidencia convincente de que os factores de risco xenéticos desempeñan un papel importante no desenvolvemento da enfermidade. Está aceptado que, canda a idade, os antecedentes familiares son o factor de risco máis importante para o seu desenvolvemento. A herdanza do alelo apolipoproteína ε-4 é un factor de risco, que inclúe tanto formas familiares esporádicas como de inicio tardío da enfermidade. Xa se demostrou que a variación en catro xenes causa formas raras de aparición temperá do AD (o xene da proteína precursora amiloide, presenilin 1 e presenilin 2). Porén, os estudos epidemiolóxicos suxiren que factores xenéticos ou ambientais adicionais poderían desempeñar papeis esenciais na enfermidade. A identificación de factores de risco xenéticos adicionais que contribúan a aumentar o risco de desenvolver alzhéimer conducirá a unha mellor medicina xenética, de modo que co tempo se poida desenvolver a detección e o diagnóstico da enfermidade de Alzheimer, así como dispoñer de mellores ferramentas terapéuticas e preventivas. Mediante a aplicación de diferentes métodos estatísticos de mapeo de xenes, estratexias de vínculo e asociación en xenomas de todo o xene e nos enfoques de xenes candidatos, seremos capaces de identificar os factores de risco xenéticos que inflúen na enfermidade de Alzheimer».[5]

Na actualidade a doutora Barral é profesora axudante de neuroxenética no Departamento de Neuroloxía da Universidade de Columbia, e traballa no Gertrude H. Sergievsky Center e no Taub Institute for Research on Alzheimer's Disease and the Aging Brain, centros adscritos ao Columbia University Medical Center (CUMC).[5]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Nancy S. Green & Sandra Barral (2014): "Emerging science of hydroxyurea therapy for pediatric sickle cell disease" Pediatric Research 75 (1): 196-204.
  • Sandra Barral, Rong Cheng & Christiane Reitz (2015): "Linkage analyses in Caribbean Hispanic families identify novel loci associated with familial late-onset Alzheimer's disease", Alzheimer s & Dementia 11 (12): 1397-1406. (Resume).
  • Brian W. Kunkle, James Jaworski & Sandra Barral (2016): "Genome-wide linkage analyses of non-Hispanic white families identify novel loci for familial late-onset Alzheimer's disease", Alzheimer s & Dementia 12 (1): 2-10. (Resume).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]