San Marino no Festival de Eurovisión Júnior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Marino

Estación membro SMRTV
Final nacional
Aparicións 2
Primeira aparición 2013
Mellor resultado
Final 10º 2013
Semifinal
Peor resultado
Final 15º 2014
Semifinal
Ligazóns externas
Páxina de San Marino en JuniorEurovision.tv

San Marino ía participar por primeira vez no IX Festival de Eurovisión Júnior que se celebrou o 3 de decembro de 2011 en Iereván, Armenia. Non obstante, o 7 de outubro de 2011, Alessandro Capicchioni, xefe da delegación de San Marino, confirmou que o país se retiraba da competición debido a que non contaba co tempo suficiente para levar a cabo unha candidatura ou preselección nacional.

O 25 de outubro de 2013, San Marino confirmou oficialmente a súa participación no Festival de Eurovisión Júnior 2013, sendo esta a súa primeira aparición no certame.

Participacións[editar | editar a fonte]

Michele Perniola en Kiev (2013).
Ano Sede Artista(s) Canción Final Pts
2014 Malta The Peppermints Breaking my heart 15 21
2013 Ucraína Kíiv Michele Perniola O-o-O Sole intorno a me 10 42

12 puntos[editar | editar a fonte]

Ano País
2013 Ucraína Ucraína
2014 Italia Italia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]