Samieira, Poio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samieira
Igrexa de Santa María de Samieira.
ConcelloPoio[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°25′09″N 8°44′28″O / 42.41915, -8.741185Coordenadas: 42°25′09″N 8°44′28″O / 42.41915, -8.741185
Poboación1.094 hab. (2022)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Samieira é unha parroquia do concello de Poio. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 1.094 habitantes (539 homes e 555 mulleres) distribuídos en 12 núcleos de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.063 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada na parte setentrional da ría de Pontevedra. O territorio da parroquia esténdese dende o mar até o monte, limitando ao norte coas parroquias de Simes (Meaño), A Armenteira (Meis) e Dorrón (Sanxenxo); ao sur co mar; ao leste coa parroquia de Combarro e ao oeste coa parroquia de Raxó.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial foi construída na segunda metade do século XVIII, con fachada de estilo neoclásico. A lenda máis coñecida e divulgada do lugar explica como se orixinou a crenza popular de que a campá de Samieira é a que mellor resoa de entre todas as igrexas dos arredores:

Hai moitos séculos, os mouros que habitaban nos montes adoitaban tramar maldades contra os cristiáns. Unha delas foi roubar a campá da Catedral de Santiago de Compostela, que estivo desaparecida durante moito tempo, tendo que facer outra nova para colocar no seu lugar. Un día, un veciño de Samieira que se atopaba vixiando as vacas que estaban a pastar, deuse conta de que unha delas estaba a tirar dunha ramallada e que cada vez que o facía, sentía o repenicar dunha campá na beira do río. Seguindo a rama o home descubriu a campá escondida baixo terra. A campá foi devolta á catedral e como recompensa, a nova campá que foi construída para substituír a roubada entregouse como agasallo á parroquia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Samieira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Samieira no concello pontevedrés de Poio

Arén | Cova da Laxe | O Covelo | A Igrexa | As Laxes | Pedreisón | Publicada | O Pumar | Riodama | Seimorzáns | Tarrío | Teinogueira

Parroquias de Poio[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Poio

Combarro (San Roque) | Poio (San Salvador) | Poio (San Xoán) | Raxó (San Gregorio) | Samieira (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]