Salman Rushdie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalman Rushdie

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalAhmed Salman Rushdie
Biografía
Nacemento(ur) احمد سلمان رشدی Editar o valor em Wikidata
19 de xuño de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Bombai (Raj Británico) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadebritánico
Relixiónateo
EducaciónRugby School
King's College
Actividade
Ocupaciónescritor , escritor de literatura infantil , actor , guionista , novelista , ensaísta , autor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade Emory (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRealismo máxico
MovementoAlta crítica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Linguaurdú e inglés
Obra
Obras destacables
Midnight's Children
The Satanic Verses.
Arquivos en
Outro
TítuloKnight Bachelor Editar o valor em Wikidata
CónxuxeClarissa Luard (1976–1987), Marianne Wiggins (1988–1993), Elizabeth West (1997–2004), Padma Lakshmi (2004–2007)
FillosZafar Rushdie (en) Traducir
 () Clarissa Luard (en) Traducir
Milan Rushdie (en) Traducir
 () Elizabeth West (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiAnis Ahmed Rushdie (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
12 de agosto de 2022esfaqueamento de Salman Rushdie (pt) Traducir (Chautauqua Institution (en) Traducir, Chautauqua (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Comendador de las Artes y las Letras

Premio James Tait Black Premio James Joyce Premio Kurt Tucholsky Premio Booker (1981) Premio Austríaco de Literatura Europea (1992) Premio literario Hans Christian Andersen (2014) PEN Pinter Prize (2014)

Medalla de Oro del Círculo de Bellas Artes (2015)

Páxina webwww.salman-rushdie.com
IMDB: nm0750723 Allocine: 35474 Rottentomatoes: celebrity/salman-rushdie Allmovie: p62158 TCM: 553243 Metacritic: person/salman-rushdie TV.com: people/salman-rushdie
Facebook: salmanrushdieauthor Twitter: salmanrushdie Dialnet: 146631 Musicbrainz: 0ca17bb6-78e4-4f0c-bd0c-ba8457b77835 Discogs: 437892 Editar o valor em Wikidata

Ahmed Salman Rushdie, (en hindi: अहमद सलमान रुश्दी; en urdú: احمد سلمان رشدی ) nado en Bombai o 19 de xuño de 1947, é un escritor e ensaísta británico. O seu estilo foi comparado co realismo máxico latinoamericano, e a maior parte das súas obras de ficción están ambientadas na India. As súas dúas novelas de maior sona son Midnight's Children e The Satanic Verses.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En setembro de 1988 provocou unha polémica inmediata no mundo musulmán pola suposta irreverencia coa que se trata a figura do profeta Mahoma. A India prohibiu o libro o 5 de outubro e Suráfrica prohibiuno o 24 de novembro. En poucas semanas, Paquistán, Arabia Saudita, Exipto, Somalia, Bangladesh, Sudán, Malaisia, Indonesia e Qatar tamén o prohibiron. O 12 de febreiro de 1989, cinco persoas foron asasinadas a tiros pola policía durante unha protesta contra o libro en Islamabad.

O 14 de febreiro de 1989, o aiatolá Ruhollah Khomeini, líder relixioso de Irán, leu en Radio Teherán un edicto relixioso, ou fatwa, que pedía a execución do escritor. O edicto acusou o libro de "blasfemia contra o Islam". Ademais, Jomeini acusou a Rushdie do pecado de apostasía, o abandono da fe islámica que segundo os hadith, ou 'tradicións' do profeta, debe ser castigado coa morte. Jomeini tamén pediu a execución dos responsables daquelas editoriais que publicaron o libro coñecendo o seu contido.

O 24 de febreiro, Khomeini ofreceu unha recompensa de tres millóns de dólares pola morte de Rushdie. Rushdie pasaría anos vivindo escondido baixo a protección británica.

O músico Yusuf Islam (Cat Stevens) tamén se pronunciou publicamente a favor da fatwa nunha entrevista na televisión británica."[1] e mencionou nunca conferencia que Rushdie merecía que o matasen[2]. Anos despois, nunha entrevista do ano 2000 na revista Rolling Stone dixo que aceptaría que un tribunal do Reino Unido declarase inocente a Rushdie, e que fora malinterpretado, como se lle pides a un estudante da Biblia que cite o castigo legal a un blasfemo, que sería dehonesto da súa parte non mencionar o Levítico 24:16.

En 1990, Rushdie publicou un ensaio titulado In Good Faith ("De boa fe") para tranquilizar aos seus críticos e afirmar o seu respecto polo Islam. A pesar diso, as autoridades relixiosas iranianas non anularon a fatwa. Aínda que Rushdie fixo outras declaracións públicas en defensa do seu libro e negando que insulte o Islam, certos musulmáns aínda consideran válido o edicto contra Rushdie.

En 1997, a recompensa duplicouse e ao ano seguinte o fiscal xeral do estado iraniano ratificou o seu apoio. En 1998, o Goberno iraniano comprometeuse publicamente a non instigar a execución de Rushdie. Isto ocorreu como parte dun acordo máis amplo entre Irán e o Reino Unido para normalizar as relacións entre os dous países. Rushdie máis tarde declarou que xa non viviría na clandestinidade.

En 2016 visitou o Festival de Óbidos, esgotando as entradas cunha semana de antelación.[3]

En 2020 tiña previsto visitar o Estado español para presentar o seu libro Quichotte (referido ao Quixote), pero tivo que cancelar a visita por padecer COVID-19.[4]

O 12 de agosto de 2022 Salman Rushdie foi apuñalado no pescozo durante unha conferencia en Nova York.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

Os título están na súa versión en lingua inglesa.

Novelas (ficción)[editar | editar a fonte]

Coleccións[editar | editar a fonte]

Libros infantís[editar | editar a fonte]

Ensaios e non-ficción[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yusuf Islam : Mountain of Light". web.archive.org. 2011-10-04. Archived from the original on 04 de outubro de 2011. Consultado o 2022-08-12. 
  2. Philadelphia Inquirer, 24 de febreiro de 1989, p.5A, "Iran: West to blame Islam for forthcoming terrorism".
  3. Diario, Nós (2016-09-28). "Salman Rushdie e a auréola dos Versículos Satánicos". Nós Diario. Consultado o 2022-08-12. 
  4. Lago, Eduardo (2020-05-09). "Salman Rushdie: “A pesar de los tiempos que corren, sigo siendo optimista”". El País (en castelán). Consultado o 2022-08-12. 
  5. EFE, ATLAS (2022-08-12). "Acoitelado no pescozo o escritor Salman Rushdie durante unha conferencia en Nova York". Faro de Vigo. Consultado o 2022-08-12. 
  6. Vowelor (2017-02-07). "The Golden House". Vowelor (en inglés). Consultado o 2022-08-12. 
  7. "Quichotte" Arquivado 25 de xullo de 2019 en Wayback Machine. por Salman Rushdie, Penguin Random House.
  8. "Haroun and the Sea of Stories by Salman Rushdie". Purple Pencil Project (en inglés). 5 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2020. Consultado o 23 de maio de 2020. 
  9. "Mohandas Gandhi ; TIME". web.archive.org. 2007-05-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o 2022-08-12. 
  10. Staff, Guardian (1999-10-16). "Imagine no heaven". the Guardian (en inglés). Consultado o 2022-08-12. 
  11. "Step Across This Line by Salman Rushdie: 9780679783497 ; PenguinRandomHouse.com: Books". PenguinRandomhouse.com (en inglés). Consultado o 2022-08-12. 
  12. Rushdie, Salman (2009-02-28). "Salman Rushdie on celluloid adaptations of novels". the Guardian (en inglés). Consultado o 2022-08-12. 
  13. "Languages of Truth by Salman Rushdie: 9780593133170 ; PenguinRandomHouse.com: Books". web.archive.org. 2021-10-08. Archived from the original on 08 de outubro de 2021. Consultado o 2022-08-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.