Saint-Jean-Pied-de-Port

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSaint-Jean-Pied-de-Port
Donibane Garazi (eu) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°09′51″N 1°14′12″O / 43.1642, -1.2367Coordenadas: 43°09′51″N 1°14′12″O / 43.1642, -1.2367
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAquitania-Lemosín-Poitou-Charentes
DepartamentoPireneos Atlánticos
Distritosarrondissement of Bayonne (en) Traducir
Cantóncanton of Saint-Jean-Pied-de-Port (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.499 (2021) Editar o valor em Wikidata (549,08 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921775 Traducir
Q114360529 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie2,73 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude180 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal64220 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Páxina webst-jean-pied-de-port.fr Editar o valor em Wikidata

Saint-Jean-Pied-de-Port (en francés e oficialmente; en éuscaro: Donibane Garazi) é unha vila e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. Forma parte do País Vasco Francés, e desde 1512 é capital da Baixa Navarra[1]. Os seus habitantes reciben o xentilicio de Saint-Jeannais en francés e garaztar ou Donibandar en éuscaro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A comuna está situada na comarca de Pays de Cize, ao surdeste da Baixa Navarra. Está a uns 8 km da fronteira administrativa con España, e é unha das vilas polas que pasa o camiño francés da Ruta Xacobea. O río Rive ou Errobi, atravesa a localidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Casa do século XVI.
Ponte sobre o río Errobi.

Está situada nun lugar de paso, convertido en vía trala romanización. A vila foi fundada no século XII e desenvolveuse axiña como centro comarcal de comercio e comunicacións. En 1329 o rei Filipe III de Navarra concedeulle foros.

Trala invasión e conquista de Navarra en 1512, foi ocupada polo exército de Fernando II de Aragón, e durante ese ano foi escenario de frecuentes enfrontamentos. Permaneceu ocupada por unha importante gornición das tropas do reino de Aragón de forma intermitente, con períodos nos que pasaba a mans de tropas ao servizo do Reino de Navarra, até 1529, cando Carlos I de España abandonou toda a Baixa Navarra polo excesivo custo que supuña a súa conservación desde o punto de vista loxístico e militar. No século XVI sufriu tamén ataques e incendios no marco das guerras de relixión.

En 1620 Lois XIII de Francia uniu as coroas do Reino de Francia e do Reino de Navarra, e baixo o goberno de Richelieu, construíuse na vila a Ciudadela paa defendela dun posible ataque desde o sur.

En marzo de 1789, pouco antes da Revolución Francesa, reuníronse nesta vila os Estados de Navarra, que rexeitaron enviar representantes ás reunións dos Estados Xerais celebrados en París, alegando que a Baixa Navarra non era unha provincia francesa, senón un Reino que na persoa de Henrique IV de Francia se unira ao entón reino de Francia. Porén, en 1790 aprobaron a nova división administrativa francesa, que reuniu as terras da Baixa Navarra e o Béarn nun novo departamento.

Durante a Guerra da Convención foi o centro desde o que partiron os ataques franceses contra o sur dos Pireneos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Donibane Garazi", artigo na Enciclopedia Auñamendi (en éuscaro).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]