SPQR

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

SPQR son as siglas da frase latina Senatus Populusque Romanus ("O Senado e o Pobo Romano"), referíndose ao goberno da antiga República Romana. Segue a usarse hoxe en día como emblema oficial da comuna (concello) de Roma. Aparece nas moedas, ao final de documentos públicos feitos por inscrición en pedra ou metal, en dedicacións a monumentos e obras públicas, e foi nos estandartes das lexións romanas. A frase aparece ademais múltiples de veces na literatura latina política, xurídica e histórica, incluíndo os discursos de Marco Tulio Cicero e a historia de Tito Livio. Dado que o significado e as palabras non varían, fóra da ortografía e a flexión de populus na literatura, os dicionarios latinos clasifícano como unha fórmula.

Tradución[editar | editar a fonte]

En latín, Senatus é un substantivo nominativo singular que significa "Senado". Populusque é un composto composto do substantivo nominativo Populus, "o Pobo", e -que, unha partícula enclítiva que significa "e" e que conecta dous substantivos nominativos. A última palabra, Romanus ("Romano") é un adxectivo que modifica Populus: o "Pobo Romano". A frase tradúcese entón como "O Senado e o Pobo Romano".

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]