Síndrome de Churg-Strauss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Infiltrado eosinofílico nun pulmón dun paciente con Síndrome de Churg-Strauss.

A síndrome de Churg-Strauss, tamén coñecida como granulomatose alérxica, é unha doenza pertencente ao grupo das eosinofilias pulmonares é un tipo de vasculite autoinmune que afecta aos pequenos e medianos vasos sanguíneos, provocando un infiltrado de eosinófilos, sobre todo no pulmón. Este infiltrado pulmonar é causante de asma severa. Ademais, os posíbeis infiltrados noutras partes do corpo poden provocar problemas no sistema gastrointestinal, nervios periféricos, corazón, pel ou riles. Por algúns autores, a síndrome de Churg-Strauss é considerada un tipo de poliarterite nodosa, polas súas semellanzas morfolóxicas.

Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida coa asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara, cunha incidencia de 0.9/millón habitantes e lixeiramente máis frecuente entre os homes[1]

Foi por primeira vez claramente definida en 1939[2], e o seu nome procede dos doutores Jacob Churg e Lotte Strauss que describiron o trastorno en 1951.[3]

Síntomas[editar | editar a fonte]

A sintomatoloxía da síndrome depende da gravidade e tamén do etapa da enfermidade no que se atope o paciente. Basicamente, podemos diferenciar tres fases na doenza.

Diagnóstico[editar | editar a fonte]

Probas diagnósticas[editar | editar a fonte]

As probas diagnósticas máis empregadas para a diagnose da síndrome de Churg-Strauss son a detección de anticorpos anti-citoplasma dos neutrófilos (ANCA). Na metade dos pacientes doentes desta síndrome, os ANCA son positivos. Outras probas de laboratorio útiles son a presenza de eosinófilos (eosinofilia), o aumento da VSG (un marcador de inflamación), e unhas inmunoglobulinas E elevadas. No lavado broncoalveolar (BAL) tamén se aprecia a presenza de eosinofilia. Nunha radiografía de tórax obsérvase infiltrados pulmonares, nódulos, e incluso derramo pleural.

No caso de houber dúbidas, a biopsia dun pulmón ou doutro tecido afecto pode proporcionar o diagnóstico se se atopan vasculites necrotizantes en pequenas arterias e veas, granulomas extravasculares ou infiltración de eosinófilos nos alvéolos e no intesticio.

Criterios diagnósticos[editar | editar a fonte]

Poderemos afirmar que existe nun 99.7% dos casos unha síndrome de Churg-Strauss se se cumpren, coma mínimo, 4 ou máis destes criterios[4]:

  • Asma.
  • Eosinofilia (presenza de máis dun 10% de eosinófilos en sangue periférica).
  • Anormalidades nos seos paranasais.
  • Opacidades pulmonares transitorias ou migratorias.
  • Neuropatía.
  • Biopsia de vasos sanguíneos con acumulación de eosinófilos fóra do sangue, é dicir, noutros tecidos.

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento da síndrome adoitan ser os corticoides (prednisolona) combinados con outros inmunosupresores, como poden ser azatioprina ou ciclofosfamida. Tamén hai estudos de tratamentos con montelukast.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fernández Bouza, Elena et al. Síndrome de Churg-Strauss: ¿enfermedad geriátrica? meiga.info (Medicina Interna de Galicia)". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
  2. Thurlbeck, William M. e Churg, Andrew (1995) Pathology of the Lung Thieme, p. 425
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  4. "Mehran Farid-Moayer Churg-Strauss Syndrome en Medscape". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2009. Consultado o 18 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]