Río Sella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Sella
Ría de Ribasella, na desembocadura do río Sella
PaísEspaña
NacementoSajambre (León)
Lonxitude56 km
Caudal medio42,79 m³/s
DesembocaduraMar Cantábrico

O Sella (Salia) é un río asturiano que desemboca no mar Cantábrico formando a ría de Ribadesella.

Nace nos Picos de Europa, na fonte do inferno, en Sajambre (León). Pasa por Cangas de Onís e desemboca no mar en Ribadesella (Asturias). Ten unha lonxitude de 56 Km. e unha conca de 1246 km². Percorre a cordilleira de Cuera, os picos de Europa, o cordal de Ponga e o Sueve.

Os seus principais afluentes son os ríos Ponga e Piloña, pola esquerda, e o Dobra e o Güeña pola dereita.

Todos os anos celébrase no mes de agosto o chamado Descenso Internacional do Sella, partindo desde Arriondas até o mar e que consiste nunha proba piragüista con milleiros de espectadores que remata baixo a ponte do Ribadesella despois de percorrer unha distancia de 19 quilómetros.