Río Sarria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sarria
O río á saída da vila de Sarria
PaísGalicia Galicia
NacementoTriacastela
Lonxitude57 Km
ConcaMiño-Sil
DesembocaduraRío Neira

O Sarria, tamén chamado Oribio, é un río da provincia de Lugo, en Galicia. É un afluente do río Neira, e este á súa vez do río Miño.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O río Sarria, topónimo que significa "corrente fluvial", dá o seu nome a un concello, a unha comarca, a un condado, a unha xurisdición, a un marquesado, a dous mosteiros, a un partido xudicial, a unha terra, a unha vila e a varias parroquias. Ten 57 km de lonxitude e drena 309 km² de superficie.

Curso[editar | editar a fonte]

Fórmase coas augas que baixan desde os montes da Meda, Oribio e Albela, no concello de Triacastela, e tras atravesar o concello de Samos entra no de Sarria, déixao e fai de límite entre o do Páramo e Láncara. Neste último únese ao río Neira preto da vila da Pobra de San Xiao.

A bacía do río é moi ampla e abrangue a maior parte da comarca de Sarria: tódalas parroquias de Triacastela, a maior parte das de Samos e Sarria, poucas de Láncara, 2 do Páramo e unha pequena parte do Incio.

Muíño no río, ao seu paso polo concello de Sarria
Río Sarria en 1910