Río Piles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piles
O río en Las Mestas, Xixón.
PaísAsturias Asturias
España España
NacementoXixón
Lonxitude10-15 km
DesembocaduraMar Cantábrico

O Piles é un curto río da costa cantábrica do Principado de Asturias, de 10-15 km de lonxitude.

Nace da confluencia dos ríos Llantones, Viejo e Peña Francia, no concello de Xixón, e desemboca no mar Cantábrico á altura da praia de San Lorenzo, no centro de Xixón. O seu principal afluente é o río Granda.