Río Miñor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miñor
Ponte da Ramallosa, no río Miñor..
PaísGalicia Galicia
NacementoSerra do Galiñeiro
Altitude400 msnm
Lonxitude16 Km
DesembocaduraBaía de Baiona

O Miñor é un río pequeno, de 16 km de lonxitude, que morre na estrema común dos concellos de Nigrán e Baiona, entre as parroquias de Santa Cristina da Ramallosa e San Pedro da Ramallosa.

En Ramallosa ten unha importante ponte do románico tardío que une os concellos de Baiona e Nigrán. Augas arriba está a ponte de Mañufe.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace na serra do Galiñeiro, a 400 m de altitude. Decorre polo val do seu mesmo nome: o Val Miñor, que ademais dos concellos mencionados comprende o de Gondomar, en cuxo territorio ten o nacente este río. O seu principal afluente é o río de Zamáns.

A súa desembocadura é unha marisma, A Ramallosa, que está dentro da rede Natura 2000, polo seu alto valor ecolóxico, debido especialmente á variedade ornitolóxica que presenta.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]