Río Loira, Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loira
O Loira ao seu paso por Orleáns
PaísFrancia
NacementoMont Gerbier de Jonc no departamento Ardèche
Lonxitude1.012 km
Conca117.000 km²
Caudal medio903 m³/s (en Nantes)
DesembocaduraOcéano Atlántico
]
Localización do río Loira en Francia.

O río Loira (francés: Loire, bretón: Liger, occitano: Léger) é un río de Francia de 1020 quilómetros, o máis longo de Francia. Nace no Mont Gerbier de Jonc (departamento de Ardèche). A súa desembocadura esta no estuario de Nantes, na Bretaña histórica, agora departamento da Loire-Atlantique. A súa conca é de 117.000 km², a quinta parte do territorio de Francia.

O río Loira dá nome a seis departamentos de Francia (Indre e Loira, Loire, Haute-Loire, Loire-Atlantique, Maine-et-Loire e Saône-et-Loire), unha rexión (Pays de la Loire), e ao val de Loire, clasificado no ano 2000 como patrimonio mundial pola UNESCO. Nesta parte do Loira encóntranse unha morea de castelos dos reis de Francia.

Principais afluentes[editar | editar a fonte]

Estes son os principais afluentes empezando pola fonte:

NB : D= Dereita E= Esquerda

Galería de imaxes do Loira[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]