Río Francolí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Francolí
O Francolí ao seu paso por La Masó
PaísEspaña
Lonxitude60 km
Caudal medio1,18 m³/s
DesembocaduraMar Mediterráneo

O Francolí é un curto río catalán, que transcorre por varias comarcas da provincia de Tarragona. Ten 60 km de lonxitude e desemboca no mar Mediterráneo, no porto de Tarragona.

Nace na Font Major, en L'Espluga de Francolí, da unión dos ríos Sec e Milans. É un río propio da cunca mediterránea, o seu caudal é irregular e provoca inundacións nalgunhas épocas do ano.

Os seus afluentes són o Milans, o Sec, o Anguera, o Brugent , o Torrent del Puig, o Torrent de Vallmoll, o Riu de Glorieta e a Riera de la Selva.

Durante o seu percorrido, pasa polos concellos de Vimbodí, L'Espluga de Francolí, Montblanc, Vilaverd, La Riba, Valls, La Masó, Constantí e Tarragona.