Rubén Castro Martín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rubén Castro
Castro xogando para o Betis en 2012
Información persoal
Nome Rubén Castro Martín
Nacemento 27 de xuño de 1981 (42 anos)
Lugar de nacemento As Palmas de Gran Canaria
Altura 1,70 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Cartagena
Carreira xuvenil
1999–2000 Artesano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2000–2001 Las Palmas B 34 (13)
2001–2004 Las Palmas 112 (36)
2004–2010 Deportivo da Coruña 31 (4)
2004–2005Albacete (cedido) 22 (3)
2006R. de Santander (cedido) 1 (0)
2007Gimnàstic (cedido) 20 (4)
2008–2009Huesca (cedido) 41 (14)
2009–2010Rayo Vallecano (cedido) 42 (14)
2010–2018 Betis 260 (136)
2017Guizhou Hengfeng (cedido) 12 (7)
2018–2020 Las Palmas 65 (30)
2020–presente Cartagena 0 (0)
Selección nacional
2002–2003 España sub-21 6 (4)
Na rede
UEFA: 70386 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de xullo de 2020.
editar datos en Wikidata ]

Rubén Castro Martín, nado nas Palmas de Gran Canaria o 27 de xuño de 1981, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o FC Cartagena da Segunda División. É xunto con Robert Fernández o futbolista con máis tempadas no fútbol profesional español (22),[1] e o segundo máximo goleador da historia da Segunda División, con 180 goles, sendo só superado por Nino (194).[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na canteira da UD Las Palmas, debutou no primeiro equipo o 25 de febreiro de 2001, aínda que non anotou o seu primeiro gol ata a tempada 2001-02, cando, entrando desde o banquiño conseguiuno no minuto 64 contra o Real Madrid CF.

Na tempada 2003-04, foi o máximo goleador da Segunda División co club da súa cidade natal, con 22 goles, sendo entón contratado polo Deportivo da Coruña, nun acordo no que tamén foi fichado Momo por parte do equipo branquiazul. O acordo chegou coa finalidade de eliminar a débeda que Las Palmas contraera logo de contratar ao arxentino Gabriel Schürrer procedente do Dépor, nun traspaso valorado en 3,6 millóns de euros. Esa mesma tempada actuou cedido no Albacete Balompié, en Primeira.

A comezos de 2006-07, Rubén volveu ser cedido esta vez ao Racing de Santander, pero debido á falta de oportunidades marchou antes da apertura do mercado invernal. O seu novo destino foi o Nàstic, onde comezou moi ben, con 3 goles nos seus primeiros 3 partidos, aínda que o club tarraconense sería relegado a final de tempada a Segunda División. Rubén regresou ao Deportivo na tempada 2007/2008, onde a súa participación foi practicamente nula.

Na tempada 2008/2009 xogou no SD Huesca, da Segunda División, onde chegou cedido novamente polo Deportivo.[3] Na tempada 2009/2010 xogou no Rayo Vallecano, da Segunda División, onde chega tamén cedido.[4]

No verán de 2010 fichou polo Real Betis, de Segunda División.

Persoal[editar | editar a fonte]

Os seus irmáns Álex e Guillermo foron tamén futbolistas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ranking Temporadas Primera y Segunda División". BDFutbol (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  2. "Ranking Goles Segunda División". BDFutbol (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  3. "El Huesca ficha a Rubén Castro". archivo.marca.com (en castelán). 19 de xullo de 2008. Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  4. Acordo definitivo para a cesión de Rubén Castro ao Rayo Vallecano

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]