Robin van Persie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robin van Persie
Van Persie en 2016.
Información persoal
Nome Robin van Persie
Nacemento 6 de agosto de 1983 (40 anos)
Lugar de nacemento Rotterdam
Altura 1,83 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Manchester United
Número 20
Carreira xuvenil
1998–1999 Excelsior
1999–2001 Feyenoord
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2004 Feyenoord 59 (15)
2004–2012 Arsenal 194 (96)
2012– Manchester United 36 (25)
Selección nacional
2000–2001 Holanda sub-17 14 (8)
2001-2003 Holanda sub-19 11 (3)
2004-2006 Holanda sub-21 6 (1)
2005– Holanda 74 (34)
Na rede
http://robinvanpersie.com/
IMDB: nm2084050 Facebook: RobinvanPersie Twitter: Persie_Official Instagram: robinvanpersie Youtube: UCjLIpVZOT-q8fRx9DKF7IqQ FIFA: 217315 UEFA: 53130 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de maio de 2013.
Selección: actualizado a 26 de marzo de 2013.editar datos en Wikidata ]

Robin van Persie, nado en Rotterdam o 6 de agosto de 1983, é un futbolista neerlandés. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Manchester United.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Van Persie comezou no equipo xuvenil do SBV Excelsior. Foise despois ao equipo da súa cidade, o Feyenoord, onde estivo durante tres tempadas e gañou a Copa da UEFA no ano 2002.[1] Na tempada 2001-02, gañou o premio ao mellor xogador sub-21 da Eredivisie. Os seus problemas co adestrador Bert van Marwijk remataron cun cambio de club, e Van Persie foise á Premier League no ano 2004, fichando polo Arsenal F.C. por 2.75 millóns de libras.[2][3] Na súa primeira tempada no equipo de Londres, gañou a Community Shield e a FA Cup, e gañou o premio ó mellor deportista de Rotterdam do ano 2006. Foi o mellor xogador do mes da Premier League en tres ocasións.[4] Na tempada 2008-09 da Premier, foi o máximo asistente da competición, con 11 asistencias.[5][6]

Van Persie foi internacional co seu país de novo, representando ás seleccións holandesas sub-17, sub-19 e sub-21. Fixo o seu debut coa selección absoluta en 2005, nun amigable contra Romanía. Un mes máis tarde, anotou o seu primeiro gol coa absoluta, na vitoria por 4-0 contra Finlandia.[7][8] Participou no Mundial de fútbol de 2006 e no de 2010, e máis na Eurocopa de 2008.[9]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Feyenoord
Arsenal
Manchester United

Selección[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]