Roberto Vilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto Vilar

Roberto Vilar nos Premios Mestre Mateo 2017.
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Xove, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , presentador de televisión , presentador , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1365177 Editar o valor em Wikidata

Roberto Vilar Fernández, nado en Xove (Lugo) en 1971, é un actor, humorista e presentador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar en Viveiro e no seminario de Mondoñedo[1], comezou a traballar na TVG no programa Con perdón[2], baseado en bromas feitas a cidadáns anónimos mediante unha cámara oculta e Pequeno hotel (2001), pero acadou fama polo seu papel nos Tonechos, un dúo cómico que mantiña co actor Víctor Fábregas. Este dúo empezou actuando no Luar da TVG o 19 de setembro de 2002[1] e que despois se consolidou cun programa de seu, O show dos Tonechos. A comezos de xaneiro de 2009 anunciaron a separación dos Tonechos[3].

Desde o 10 de outubro de 2009 e ata o 24 de novembro de 2011 presentou na TVG o espazo Land Róber, que se emitía os xoves á noite.

En 2011 asinou un contrato con Mediaset España para presentar na súa cadea de televisión Cuatro o concurso Salta a la vista, que compaxinou durante unhas semanas co seu traballo en Land Róber[4]. O 23 de novembro, a TVG anunciou a non renovación do contrato con CTV, produtora do programa, e o espazo de humor Land Róber cesou as súas emisións o 24 de novembro[5].

En outubro de 2013 presenta o programa da TVG Entre familias anda o xogo, que se emitía os sábados á noite.[6]

O 12 de abril de 2014 encargouse de conducir os XII Premios Mestre Mateo.

Roberto Vilar despois do Land Rober
Roberto Vilar tras unha emisión do Land Rober Tunai Show

Na fin de ano do 2014 anunciou a volta de Land Róber, programa que comezou a presentar unhas semanas despois baixo o nome de Land Róber Tunai Show, acompañado de humoristas como Xosé Antonio Touriñán, Manuel Manquiña, Isabel Risco e Pili Pampín.

O 11 de abril de 2015 presentou os XIII Premios Mestre Mateo.

No 2018 presentou La noche de Rober en Antena 3, programa que foi cancelado tras seis emisións.[7]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2010 Mellor comunicador Land Rober Gañador
2010 Mellor Programa Land Rober Gañador
2011 Mellor comunicador Land Rober Gañador
2016 Mellor comunicador Land Rober Tunai Show Gañador
2016 Mellor Programa Land Rober Tunai Show Gañador

Premios Iris[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2017 Mellor Programa Autonómico de Entretenimiento Land Rober Tunai Show Gañador

Premios Somriu[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2018 Mellor Programa Autonómico de Entretenimiento Land Rober Tunai Show Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]