Robert Parish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Parish
Posición Pivote
Dorsal 00
Altura 2,16 m (7 ft 1 in)
Peso oficial 110 kg (250 lb)
Nacemento 30 de agosto de 1953 (70 anos)
Shreveport, Luisiana
Carreira
Universidade Centenary
NBA Draft 1976 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por
Golden State Warriors
Tempadas 19761997
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     23 334 (14,5 pp)
Rebotes     14 715 (9,1 pp)
Tapóns     2 357 (1,5 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Robert Lee Parish, nado en Shreveport (Luisiana) o 30 de agosto de 1953, é un destacado ex xogador de baloncesto estadounidense. Foi alcumado como O Xefe (The Chief), ao comparar o seu rostro impenetrable co do personaxe do indio da película Alguén voou sobre o niño do cuco, que protagonizou Jack Nicholson. De acordo coa lenda, foi o seu compañeiro de equipo nos Celtics Cedric Maxwell o que lle puxo tal alcume.

Disputou un total de 21 tempadas da NBA, sendo o xogador con máis partidos xogados da historia da competición con 1.611. Foi ademais o xogador máis lonxevo de toda a historia da competición, non en balde, retirouse aos 43 anos. Xogou na posición de pivote cunha estatura de 2,15 metros. Fíxose famoso o seu número de camiseta, o dobre cero (00), que foi retirado posteriormente a modo de homenaxe polos Boston Celtics. En 1996 foi escollido como un dos "Cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e no ano 2003 ingresa como membro do Basketball Hall of Fame como xogador.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

A súa traxectoria colexial pasouna na pequena Universidade de Centenary, en Luisiana, entre 1973 e 1976, onde fixo uns destacábeis 21,6 puntos e 16,9 rebotes por partido.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido en primeira rolda do draft, no posto número 8, polos Golden State Warriors, onde pasou os seus catro primeiras tempadas, ata que foi traspasado aos míticos Boston Celtics, equipo co que logrou as súas maiores xestas, grazas en parte a estar rodeado de compañeiros como Larry Bird, Kevin McHale, Dennis Johnson ou Danny Ainge. Nas 14 tempadas que disputou coa camiseta verde, conquistou tres campionatos da NBA.

Cos 40 anos xa cumpridos, e completando xa unha etapa, foise aos Charlotte Hornets, onde xogou dúas tempadas, xa a un nivel máis baixo, e terminou a súa carreira de forma brillante co seu cuarto anel de campión nas filas dos Chicago Bulls.

Logros persoais[editar | editar a fonte]

O dobre cero.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]