Robert John Lechmere Guppy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert John Lechmere Guppy
Nacemento15 de agosto de 1836
Lugar de nacementoLondres
Falecemento5 de agosto de 1916
Lugar de falecementoSan Fernando
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónzoólogo, naturalista e botánico
editar datos en Wikidata ]

Robert John Lechmere Guppy, nado o 15 de agosto de 1836 en Londres, e finado o 5 de agosto de 1916 en San Fernando, Trinidad e Tobago) foi un naturalista inglés cuxo apelido deu nome ao peixe guppy.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos catro fillos de Robert Guppy, un avogado e alcalde de San Fernando (illa de Trinidad), e de Amelia Parkinson, unha pintora e unha das pioneiras da fotografía, que navegou polo río Orinoco acompañada por uns poucos indios nativos. A Robert John, ao que lle chamaban xeralmente "Lechmere", foi criado polos seus avós, Richard Parkinson e Lucy Lechmere, en Kinnersley Castle, un castelo normando do xéculo XIII situado en Herefordshire. Richard Parkinson quería que Lechmere se fixese cargo do castelo, algo no que el non estaba interesado. Cando herdou certo patrimonio doutro parente, abandonou Inglaterra á idade de 18 anos e navegou e sufriu un naufraxio chegando ás costas de Nova Zelandia en 1856. Despois de vivir alí co pobo maorí durante dous anos e de facer mapas da rexión, Lechmere partiu de Nova Zelandia en dirección a Trinidad, onde estaban vivindo os seus pais. Casou con Alice Rostant, a filla dun facendado crioulo francés local e descendente dos condes de Rostant, aristócratas franceses que fuxiran a Trinidad escapando da Revolución francesa e converteuse no primeiro Superintendente de Escolas de Trinidad. Aínda que R. J. L. Guppy non tiña formación formal en ciencias naturais (era enxeñeiro civil de oficio)[1] escribiu e publicou numerosos artigos sobre a paleontoloxía da rexión. Aínda que se chegou rumorear que fora crego, en realidade Robert Guppy era agnóstico.[1]

Guppy estudou o peixe que despois se chamaría guppy en Trinidad en 1866, e enviou exemplares museos británicos. O peixe foi denominado Girardinus guppii no seu honor por Albert C. L. G. Günther ese mesmo ano. Porén, a especie fora previamente descrita en América e o outro nome tiña preferencia. En consecuencia Girardinus guppii é agora considerado un sinónimo júnior do nome científico hoxe aceptado, Poecilia reticulata; porén "guppy" seguiu utilizándose como o nome común do peixe.

Bibliografía do autor[editar | editar a fonte]

(incompleta)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Famous / infamous / interesting Guppys of the past". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2016. Consultado o 24 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Harris G. D. (1921) "A reprint of the more inaccessible paleontological writings of Robert John Lechmere Guppy". Bulletins of American Paleotology 8(35): 149-346, plates 5-14.