Robert H. Grubbs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRobert H. Grubbs

Robert H. Grubbs
Biografía
Nacemento(en) Robert Howard Grubbs Editar o valor em Wikidata
27 de febreiro de 1942 (82 anos)
Possum Trot, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de decembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Duarte, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeestadounidense
Educación
  • Universidade de Florida
  • Universidade de Columbia
  • Coñecido por
  • metátesis olefínica
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Química
  • Ocupaciónquímico , autobiógrafo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorInstituto Tecnolóxico de California Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Obra
    DoutorandoOren Scherman (en) Traducir e Timothy M. Swager (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Familia
    Cónxuxe
  • Helen O'Kane
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (2005)

  • Robert H. Grubbs, nado en Possum Trot (Kentucky) o 27 de febreiro de 1942 e finado o 19 de decembro de 2021, foi un químico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Iniciou os seus estudos de Química na Universidade de Florida, continuounos na Universidade de Columbia (Nova York) e finalizounos na californiana de Stanford en 1969.

    Pouco despois, entrou como profesor axudante na Universidade de Míchigan, onde en 1973 foi promovido a profesor asociado, pero cinco anos máis tarde regresou a California para exercer como catedrático de Química no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech), posto no que continuou ata o seu falecemento.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    As súas investigacións en química órgano-metálica e química orgánica acerca da catálisis así como na metátese dos alcenos proporcionáronlle unha sólida reputación internacional e innumerables recoñecementos, como o premio da Sociedade Americana de Química e a medalla Benjamin Franklin do ano 2000.

    Xunto ao francés Yves Chauvin e o seu colega estadounidense Richard R. Schrock comparte o Nobel de Química 2005 polo seu traballo na área da metátese olefínica.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Aaron Ciechanover,
    Avram Hershko
    e
    Irwin Rose
    Premio Nobel de Química

    2005
    con
    Yves Chauvin,
    Richard R. Schrock
    Sucesor:
    Roger D. Kornberg