Rindfleischetikettierungsüberwachungsaufgabenübertragungsgesetz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rindfleischetikettierungsüberwachungsaufgabenübertragungsgesetz De-Rinderkennzeichnungs- und Rindfleischetikettierungsüberwachungsaufgabenübertragungsgesetz.ogg escoitar (abreviado como RflEttÜAÜG) foi a palabra alemá máis longa, composta por 63 caracteres, dende 1999 ata o 2013.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O Landtag de Mecklemburgo-Antepomerania debateu en 1999 un proxecto de lei titulado Rinderkennzeichnungs - und Rind­fleisch­etikettierungs­über­wachungs­aufgaben­übertragungs­gesetz, é dicir, lei sobre a transferencia das obrigas de vixilancia na etiquetaxe da carne de vacún e mais a designación dos bovinos. É pois a palabra alemá oficial con maior número de caracteres, malia non figurar nos dicionarios de uso cotián.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Adiós a la palabra más larga del alemán". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 04 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]