Rincewind

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rincewind é un personaxe de ficción das novelas de Discworld do autor inglés Terry Pratchett. É un mago (fracasado) de nivel 0 que non dá aprobado os cursos da Universidade Invisible (Unseen University) en Ankh-Morpork. Rincewind pasa case todo o seu tempo escapando de varios grupos de persoas que intentan matalo por diferentes razóns.

Físico e posesións[editar | editar a fonte]

Pódeselle recoñecer polos seguintes atributos: 33 anos, alto, moi delgado, osudo, con barba, roupa desgastada con símbolos cabalísticos refulxentes, un sombreiro coa palabra "WIZZARD" (mago en inglés mal escrito) mal bordada e anda cun baúl de madeira de pereira sabia que pensa por si mesma.

Obras nas que aparece[editar | editar a fonte]