Richard Aaron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRichard Aaron
Nome orixinal(en) Richard Ithamar Aaron Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Seven Sisters, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de marzo de 1987 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Aberystwyth, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Alzhéimer Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeGales Editar o valor em Wikidata
EducaciónOriel College (en) Traducir
Universidade de Cardiff
Ysgol Gyfun Ystalyfera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEpistemoloxía, historia da filosofía, metafísica e filosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , epistemólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEfrydiau athronyddol (en) Traducir (1938–1968)
Universidade de Aberystwyth (1932–1969)
Universidade de Swansea (pt) Traducir
Universidade Yale Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua galesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FillosJane Aaron (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Richard Ithamar Aaron, nado en Blaendulais o 6 de novembro de 1901 e finado en Aberystwyth o 29 de marzo de 1987, foi un filósofo galés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no instituto de Ystalyfera e en 1918 pasou á Universidade de Gales para estudar filosofía e historia, realizou estudos de posgrao en Oxford. En 1926 comezou a dar clases no departamento de filosofía da Universidade de Swansea, logrou o doutoramento 1928 coa tese "The history and value of the distinction between intellect and intuition". En 1932 logrou a cátedra de filosofía na Unversidade de Aberystwyth. As súas primeiras publicacións versaron sobre epistemoloxía, máis adiante centrou a súa atención na obra de John Locke, suscitado pola descuberta de información inédita na Lovelace Collection, unha colección de papeis que John Locke deixou ao seu primo [Peter King]]. Nesa colección atopou cartas, cadernos, catálogos e en especial a versión manuscrita da obra de Locke "An Essay Concerning Human Understanding", ata entón considerada perdida. A investigación de Aaron levouno a publicar, John Lock, libro sobre a vida e a obra de Locke, que se converteu na obra de referencia sobre o asunto. [1] Aaron publicou varios libros máis, incluído un libro en galés sobre a historia da filosofía, Hanes athroniaeth—o Descartes i Hegel en 1932. En 1952 publicou The Theory of Universals, onde ataca a noción de universais como formas platónicas. Entre 1952 e 1953 foi profesor visitante da Universidade Yale, e tras estudar o terceiro borrador de An Essay Concerning Human Understanding na Pierpont Morgan Library, aumentou considerablemente a segunda edición de John Locke. Foi presidente da Aristotelian Society durante o período 1957-1958. En 1971 publicou Knowing and the Function of Reason. Tras a súa xubilación en 1969, axudou a escribir artigos para a edición de 1974 da Encyclopædia Britannica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jones, O. R. "Aaron, Richard Ithamar (1901–1987)". Oxford Dictionary of National Biography Oxford University Pres