Revolución permanente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A revolución permanente é unha teoría socialista que formula que a revolución socialista debe estar baixo o control do proletariado, e debe ser internacional para garantir o seu triunfo.

Foi un concepto creado por Karl Marx e desenvolvido por Lev Trotski, un revolucionario ruso que foi clave para que os comunistas gañasen a guerra posterior á Revolución rusa de 1917. A revolución permanente normalmente asóciase con Trotski porque escribiu un libro titulado Revolución permanente. Este libro foi publicado en Alemaña pola oposición de esquerda.

Marx e Engels[editar | editar a fonte]

O primeiro uso do termo por Marx e Engels atópase no libro "A Sagrada Familia" de 1844, para describir o comportamento de Napoleón Bonaparte que substituíu o Terror polo seu propio réxime marcado polas reformas.[1] En 1849, Marx e Engels sinalaron que o termo fora utilizado por outros xornalistas como Eugen Alexis Schwanbeck, xornalista do Kölnische Zeitung, ou autores como Henri Druey, indicando que conseguira un certo recoñecemento nos círculos intelectuais.

Foi en 1850 coa "Comunicación ao Comité Central da Liga de Comunistas" cando o concepto "revolución permanente" se fixo realmente coñecido polo público. Para Marx, a revolución permanente debía continuar ata que os medios de produción estivesen en mans dos traballadores fronte a pequena burguesía que quería acabar coa revolución canto antes.

Contexto[editar | editar a fonte]

O libro A revolución permanente escrito por Trotski, foi publicado cando Stalin estaba perseguindo a oposición de esquerda para purgala, xa que a oposición de esquerda era un dos seus inimigos políticos. Un dos membros desta oposición era Trotski, o seu acérrimo inimigo. Unha das diferenzas xa mencionadas entre Trotski e Stalin era que Stalin cría no "socialismo nun só país" pero Trotski cría na "revolución permanente".

A teoría da revolución permanente contraponse á do "socialismo nun só país" defendida por Iosif Stalin e Nikolai Bukharin entre outros, acérrimos inimigos de Lev Trotski, xa que Trotski dentro do partido comunista era de "esquerda" pero Iosif Stalin era de "centro" e Bukharin de "dereita".

Segunda esta teoría, a burguesía en países subdesenvolvidos non levaría a cabo a revolución democrática (que era unha das fases para chegar ao socialismo que proponía Karl Marx) debido a algúns factores moi visibles: a súa dependencia do sistema capitalista, e a súa debilidade histórica. Por estas razóns, o proletariado debe soportar toda a carga da revolución, e esta revolución debe ser internacional para que poida triunfar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marx, Karl. "LA SAGRADA FAMILIA". marxists.org (en castelán). CAPÍTULO VI: LA CRITICA ABSOLUTA O LA CRITICA BAJO LOS RASGOS DEL SEÑOR BRUNO. III. - TERCERA CAMPAÑA DE LA CRITICA ABSOLUTA. c) Combate crítico contra la revolución francesa: "Practicó el terrorismo, reemplazando la revolución permanente por la guerra permanente". Consultado o 1 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]