República semipresidencialista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Países cun sistema semipresidencialista

A república semipresidencialista é aquela na cal o Presidente da República, elixido por sufraxio, ten certas competencias de goberno. O Primeiro ministro é elixido polo Parlamento a petición do Presidente, e este responde da súa responsabilidade ante o Parlamento.

Por regra xeral, o Presidente da República centra as súas funcións na política exterior, mentres o primeiro ministro o fai na política interior.

Neste sistema ás veces hai cohabitación. Estes períodos poden carrexar unha beneficiosa verificación da separación de poderes ou estar cheos de obstrucións por mor da dualidade do executivo.

Características[editar | editar a fonte]

Francia é o arquetipo e prototipo da forma de goberno que se chama Sistema Semipresidencial, de natureza mixta e cuxas características forón inspiración dos sistemas políticos de varias nacións. As características principais do sistema que foi implantado coa V República Francesa son:

  • O Executivo é dual, tal que existe un Xefe de Estado, denominado Presidente da República e un Consello de Ministros ou Gabinete presidido polo seu Primeiro Ministro, como Xefe de Goberno.
  • Gabinete politicamente responsable, en consecuencia, susceptible de ser interpelado e censurado.
  • Xefe de Estado é elixido por sufraxio universal. Tal precepto foi incluído na Constitución Francesa a partir da Reforma de 1962, elección directa que equipara ao Presidente da República co Parlamento, no que a representatividade política refírese.
  • O Poder Executivo ten a facultade de disolver a Cámara Baixa ou Asemblea Nacional, en caso de grave controversia que poña en risco a gobernabilidade da Nación.
  • Existen certos actos do Presidente da República que non requiren o referendo do ministro do ramo para a súa validez, como a disolución parlamentaria ou as facultades contraidas mediante o polémico artigo 16° da Constitución Francesa. (120)

Países[editar | editar a fonte]

Actualmente teñen esta forma de goberno os seguintes países: