Reino de Italia (Regnum Italiae)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Italia
Regnum Italicum (la) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalPavia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaLinguas galoitálicas Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación5 de xuño de 774 Editar o valor em Wikidata
Disolución25 de decembro de 961 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino de Italia Editar o valor em Wikidata

O Reino de Italia e as súas marcas no Imperio carolinxio.

O reino de Italia (Regnum Italiae, Regnum Italicum ou Reichsitalien) foi unha entidade política e xeográfica sucesora do reino dos longobardos que, circunscrita ao norte da Península Itálica, pasou de formar parte do Imperio carolinxio e, despois, ao Sacro Imperio Romano Xermánico,[1][2] desde a coroación imperial de Otón I en Roma no ano 962.[3]

A vinculación do reino de Italia ao sistema imperial supuxo que o que quedaba do sistema administrativo da época carolinxia fora minado tanto pola ausencia do soberano, que confiaba nos poderes feudais locais, como polo desenvolvemento comunal, e polas querelas entre o emperador co papa, que polarizaron a vida italiana entre güelfos e xibelinos.

O Grande Interregno liquidou o poder efectivo do emperador, non só en Italia senón na mesma Alemaña, pero aínda retivo a autoridade xurisdicional para lexitimar os gobernos locais. Debido ás querelas internas, o sistema comunal das cidades transformouse en señorías ou en repúblicas, de entre as cales só os réximes fortes e poderosos, con capacidade para contratar forzas mercenarias, puideron someter a cidades veciñas creando Estados territoriais.

A intervención francesa a partir de 1494 alterou as relacións de poder na península e atraeu de novo a atención do emperador sobre os asuntos italianos. As paces de Boloña en 1530 converteron ao emperador en árbrito de Italia, pero a hexemonía en Italia recaeu nos reis de España até que, na Guerra de Sucesión española, o emperador recobrou un papel de preponderancia.

Tras estabilizarse as relacións de poder entre as dinastías rivais de Habsburgo e Borbón, a Revolución francesa e a súa extensión a Italia supuxo a liquidación da autoridade imperial en Italia e, poucos anos despois, na propia Alemaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Skinner, Quentin (1978). The foundations of modern political thought 1. Cambridge University Press. p. 4. ISBN 9780521293372. 
  2. (Levillain 2002, p. 628)
  3. Le Goff, Jacques; Schmitt, Jean-Claude (2003). Diccionario razonado del Occidente medieval. Ediciones AKAL. p. 376. ISBN 9788446014584. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Le Goff, Jacques & Schmitt, Jean-Claude (2003): Diccionario razonado del Occidente medieval. Ediciones Akal. ISBN 978-84-460-1458-4.
  • Levillain, Philippe (2002): The Papacy: An Encyclopedia Volume 2. Routledge. ISBN 978-0-415-92230-2.
  • Skinner, Quentin (1978): The foundations of modern political thought Volume 1. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-29337-2.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.