Reino de Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Irlanda
Ríocht na hÉireann (ga)
Kingdom of Ireland (en) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 53°20′00″N 6°15′00″O / 53.333333333333, -6.25Coordenadas: 53°20′00″N 6°15′00″O / 53.333333333333, -6.25
CapitalDublín Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RelixiónDomínio protestante (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie84.000 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1542 Editar o valor em Wikidata
Disolución1 de xaneiro de 1801 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
monarquía Editar o valor em Wikidata
• Monarca Editar o valor em WikidataXurxo III do Reino Unido (1760–1801) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento Irlandês (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata

O Reino de Irlanda (en irlandés: Ríoghacht Éireann) refírese ao país de Irlanda no período comprendido entre a proclamación de Henrique VIII como Rei de Irlanda pola Lei da Coroa irlandesa de 1542 e a Lei de Unión de 1800. O Reino substituíu o Señorío de Irlanda, que fora creado en 1171. Henrique VIII foi recoñecido como Rei de Irlanda por parte dalgúns poderes protestantes en Europa, aínda que non polas monarquías católicas. Con todo, a súa filla María I, foi recoñecida como a raíña de Irlanda polo Papa en 1555. O reino independente de Irlanda deixou de existir cando se uniu co Reino de Gran Bretaña para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.

Motivo para a súa creación[editar | editar a fonte]

O papa Hadrián IV, inglés, concedera á monarquía anglo-normanda a illa da Irlanda como unha posesión feudal en 1155 por unha bula pontificia (Laudabiliter), que permitiu á monarquía inglesa actuar como gobernante da illa. Isto foi confirmado polo seu sucesor, o Papa Alexandre III en 1172, mais nominalmente Irlanda era unha suserania papal. Coa excomuñón pola Igrexa do rei de Inglaterra Henrique VIII en 1533, a posición constitucional do Estado inglés en Irlanda tornouse incerta. Henrique rompeu coa Santa Sé e proclamouse xefe da recentemente creada Igrexa Anglicana, a fin de obter unha anulación do casamento, que o papa Clemente VII rexeitara. Como consecuencia, Henrique deixou de recoñecer a soberanía da Igrexa Católica sobre Irlanda. Como solución para este problema, Henrique foi proclamado rei da Irlanda pola Lei da Coroa irlandesa de 1542 aprobada polo Parlamento irlandés.

Con todo, o novo reino non foi recoñecido polas monarquías católicas da Europa. A bula papal de 1555 nomeou María I como Raíña da Irlanda, recoñecendo así a conexión persoal coa Coroa da Inglaterra, no dereito canónico.

Deste xeito, o trono da Irlanda foi ocupado polo Rei de Inglaterra, representando o recentemente creado Reino da Irlanda pola unión persoal co Reino de Inglaterra. En 1603, o trono de Inglaterra foi ocupado polo Rei da Escocia, que posteriormente levou á formación do Reino de Gran Bretaña en 1707, cando os parlamentos dos dous reinos fundíronse nunha sesión na sede do parlamento inglés en Westminster, Londres. En 1801, os parlamentos irlandés e británico uníronse da mesma maneira para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.

Vicerrei[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Lord Tenente de Irlanda.

O Reino da Irlanda estaba gobernado por un executivo so o control dun Lord Deputy ou vicerrei, sendo cargo foi ocupado por altos nobres, como Thomas Radcliffe. A partir de 1688 o título pasou ser de Lord Lieutenant. Na ausencia dun Lord Deputy, os lores conselleiros gobernaban a parte da Irlanda baixo ocupación inglesa. Aínda que algúns irlandeses ocuparon o cargo, a meirande parte dos lord deputies foron nobres ingleses.

O reino era lexislado polo bicameral Parlamento de Irlanda, composto pola Cámara dos Lores e pola Cámara dos Comúns, e que case sempre se xuntaba en Dublín. Os poderes do Parlamento irlandés estaban restrinxidos a unha serie de leis, principalmente a Lei de Poyning de 1492. Os católicos e máis tarde os presbiterianos foron durante gran parte da súa historia excluídos da composición do parlamento. O parlamento do século XVIII reuniuse nun novo edificio, especialmente construído para abrigalo (o primeiro edificio especialmente construído para un parlamento bicameral en todo o mundo) en College Green, no centro de Dublín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]