Recesión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na macroeconomía, unha recesión é unha diminución do PIB nun país ou o crecemento económico real negativo de dous ou máis trimestres sucesivos dun ano. Porén, esta definición non está universalmente aceptada.

Características[editar | editar a fonte]

Unha recesión pode implicar unha diminución simultánea das medidas da cantidade total da actividade económica, como o emprego, o investimento e os beneficios empresariais. Unha recesión pode estar asociada coa caída dos prezos (deflación), ou, de non ser así, o brusco aumento dos prezos (inflación), nun proceso coñecido como estanflación. Unha grave ou prolongada recesión chámase depresión económica.

As economías orientadas cara ao mercado caracterízanse por ciclos económicos. Hai moito debate acerca de se a intervención do Goberno suaviza o ciclo (véxase o keynesianismo), que o aumenta (véxase a real teoría do ciclo) ou incluso que o crea (véxase o monetarismo).

Causas[editar | editar a fonte]

As causas precisas da recesión son obxecto dun gran debate entre os académicos e os encargados de formular políticas, aínda que a maioría estará de acordo en que as recesións son causadas por unha combinación de forzas endóxenas cíclicas e as perturbacións esóxenas. John Maynard Keynes sinalou que cando os tipos de xuro son moi baixos (por debaixo dun 2%) entón a xente xa non ten incentivos para aforrar; se non hai aforro, os bancos non obteñen diñeiro co que poder realizar préstamos, e é este esgotamento dos aforros e préstamos o que causa o ciclo económico recesivo consonte Keynes. A Escola austríaca de economistas sostén que se trata dun exceso da oferta monetaria a que causa as recesións. A maioría dos monetaristas cren que a causa da maioría das recesións é deste mal manexo da oferta monetaria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]