Real costarriqueño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.
Moeda costarriqueña de 1831 a nome da República Federal do Centro de América, con valor de 8 reais

O real foi a moeda de Costa Rica vixente ata 1850, aínda que continuou en circulación ata 1864. Carecía de moeda divisionaria, aínda que si que tiña o escudo como múltiplo para as cuñaxes de ouro; do mesmo xeito que o real español, do que era herdeiro, 16 reais de prata equivalían a un escudo de ouro. O real foi substituído polo peso cunha equivalencia dun peso por oito reais.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Moeda de 1834 con valor de 4 escudos de ouro como múltiplo do real de prata

Inicialmente, o real español, tanto o cuñado na Península como o procedente das cecas coloniais, era a moeda que circulaba en territorio costarriqueño. En 1824 introduciuse como unidade monetaria o real da República Federal de Centroamérica. Xa convertida en república independente, Costa Rica deu a coñecer en 1842 as súas primeiras moedas de medio real e dun escudo, ás que se sumaron en 1847 as moedas dun real.[1][2]

En 1850, cuñáronse as derradeiras moedas de Costa Rica en reais, ao aparecer, na súa substitución, o peso costarriqueño. As moedas de ouro expresadas en escudos, o múltiplo do real, mantivéronse aínda ata 1864.[1][2]


Predecesor:
- Real español
- Real da República Federal de Centroamérica
Real costarriqueño
1842 - 1850
Sucesor:
Peso costarriqueño

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Chacón Hidalgo, M. "Historia de la moneda en Costa Rica Arquivado 05 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Museos BCCR.
  2. 2,0 2,1 Chacón Hidalgo, M. "Historia de la moneda en Costa Rica Arquivado 05 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Museos BCCR.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]