Real Audiencia de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Audiencia de Galicia
     ORDENANZAS
DE LA REAL

AVDIENCIA
DEL REYNO DE
GALICIA:
IMPRESSAS EN LA CIVDAD DE
la Coruña   Por ANTONIO FRAYZ.
Año de 1679.
[1]
TipoReal Audiencia, Poder executivo e Poder xudicial
Data de fundación1480
PaísReino de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A Real Audiencia de Galicia foi o órgano de administración de xustiza e corpo de goberno do reino de Galicia. Naceu en 1480 como un tribunal especial para o sometemento e pacificación definitiva do reino e a instauración da xustiza real sometendo os señores. Era presidida polo vicerrei ou gobernador de Galicia. Xudicialmente é o antecedente do actual Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O edificio da Capitanía Militar da Coruña foi unha das sedes da Real Audiencia de Galicia.

A Real Audiencia, conforme a Provisión de 7 de outubro de 1480, estendía os seus dominios polo Bierzo e Terra de Valcarce.[3] Descoñécese até cando isto se mantivo; porén, aínda en 1521, após a Asemblea de Melide, o rei encarga ao gobernador de Galicia pór tropas no castelo de Ponferrada.[4]

Ata 1578 en que se instala definitivamente na Coruña, a Real Audiencia non tivo sede fixa, senón que se desprazaba aos lugares onde había problemas que resolver (Pontevedra, Mondoñedo etc.). A documentación xerada por este organismo constitúe o fondo fundamental do Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fco-Javier López Vallo "Frayz imprimió en La Coruña las Ordenanzas de la Real Audiencia de Galicia
  2. "Historia do TSX Galicia". Consello Xeral do Poder Xudicial. 
  3. Castro Redondo, Rubén (2013). "Unha reflexión sobre a fronteira da Galicia moderna". Cadernos Mateus DOC (Vila Real: Instituto Internacional Casa de Mateus). V · Fronteira: 108–117, en 115. ISSN 2182-1569. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2022. 
  4. Fernández Vega 1982, p. 254.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.