Rajon Rondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rajon Rondo
Cleveland Cavaliers – No. 1
Posición Base
Información persoal
Nacemento 22 de febreiro de 1986 (38 anos)
Louisville, Kentucky
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 78 kg (171 lb)
Información da carreira
Instituto Eastern (Middletown, Kentucky)
Oak Hill Academy
(Mouth of Wilson, Virginia)
Universidade Kentucky (2004–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 21
Por Phoenix Suns
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Boston Celtics (2006–2014)
Dallas Mavericks (2014–2015)
Sacramento Kings (2015–2016)
Chicago Bulls (2016–2017)
New Orleans Pelicans (2017–2018)
Los Angeles Lakers (2018–2020)
Atlanta Hawks (2020–2021)
Los Angeles Clippers (2021)
Los Angeles Lakers (2021–2022)
Cleveland Cavaliers (2022–presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2008, 2020)
NBA All-Star Game (20102013)
3º Equipo All-NBA (2012)
2× 1º Equipo All-Defensive da NBA (20102011)
2× 2º Equipo All-Defensive da NBA (20092012)

Rajon Pierre Rondo, nado o 22 de febreiro de 1986 en Louisville, Kentucky, é un xogador de baloncesto estadounidense que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA). Mide 1,85 e xoga de base. É coñecido polo seu rápido ritmo ofensivo e as súas habilidades defensivas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Pasou dous anos na Universidade de Kentucky, onde foi peza chave na vitoria de varios partidos nos últimos segundos, coma contra Louisville ou South Carolina, pero o seu equipo non puido alcanzar a Final Four da NCAA en ningunha das dúas tempadas. Foi incluído no mellor equipo de novatos da Southeastern Conference, e conseguiu o récord de roubos de balón nunha tempada da súa universidade. A morte de Spencer Ronson, un dos seus mellores amigos, marcou a súa infancia e a partir de aí centrouse máis na súa traxectoria deportiva e afastouse das rúas (leva unha tatuaxe dedicada a el).

Conseguiu unha media de 11,2 puntos, 6,1 rebotes, 4,9 asistencias e 2,1 roubos de balón, e a pesar de non estar recoñecido coma un gran tirador, conseguiu unhas cifras de 18 de 66 lanzamentos de 3, un 27,2%.

Foi elixido para xogar coa selección dos Estados Unidos o Campionato do Mundo sub-21 disputado na Arxentina, onde a pesar de que só acadaron o quinto posto, tivo unha boa actuación que lle serviu como escaparate para os numerosos observadores da NBA que alí se atopaban.

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido no post 21 do Draft da NBA de 2006 polos Phoenix Suns, os cales inmediatamente o traspasaron aos Boston Celtics. Na súa primeira tempada como profesional foi titular e ao rematar a tempada foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies do ano. Tamén conseguiu encabezar a clasificación de roubos de balón por 48 minutos de xogo, con 3,36, sendo décimo na clasificación global. No seu segundo ano, disputou 77 partidos da liga regular, foi elixido entre os xogadores sophomore que disputaron o partido do All Star e mellorou considerabelmente as súas medias ata os 10,6 puntos, 4,2 rebotes e 5,1 asistencias. A pesar da chegada de Sam Cassell, segue sendo o base titular dos Celtics.

Na tempada 2008-09, Rondo xogou o seu mellor baloncesto des que xoga na NBA, titular indiscutíbel na franquía de Massachusetts, os Celtics volvían a xogar os playoffs, pero coas baixas por lesión de Kevin Garnett e Leon Powe os Celtics non pasaron das semifinais de conferencia, pese a todo na retina dos bos afeccionados ao baloncesto quedará a primeira rolda fronte aos Chicago Bulls onde o "9" dos Celtics obtivo case unha triplo dobre nos 7 partidos que durou a serie.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]