Quelea quelea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Quelea quelea

Macho

Femias
Femias

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Passeroidea
Familia: Ploceidae
Xénero: Quelea
Especie: Q. quelea
Nome binomial
Quelea quelea
(Linnaeus, 1758)
Área de distribución de Quelea quelea
Área de distribución de Quelea quelea

Área de distribución de Quelea quelea
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Quelea quelea é unha especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos, unha das tres pertencentes ao xénero Quelea, propia da África subsahariana.

Esta especie ten a fama de ser a ave (non doméstica) máis numerosa do mundo,[2][1][3] e algúns estiman a súa poboación nuns 1 500 millónes de individuos.[4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita orixinalmente por Linneo en 1758, na 10ª edición do seu Systema Naturae, clasificándoa no xénero Emberiza, e dándolle o nome binomial de Emberiza quelea.[5]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Véxase Quelea.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais do nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na especie recoñécense as tres subespecies seguintes:[6][7]

  • Quelea quelea (Linnaeus, 1758)
    • Quelea quelea aethiopica (Sundevall, 1850)
    • Quelea quelea lathamii (A. Smith, 1836)
    • Quelea quelea quelea (Linnaeus, 1758)

Características[editar | editar a fonte]

As bandadas de Quelea quelea poden chegar a miles de individuos.

Quelea quelea mide ao redor de 12,5 cm de lonxitude e ten un peso que oscila entre os 15 e os 20 g. Durante a reprodución, o macho distínguese da femia pola súa plumaxe máis colorida e polo bico vermello.

De modo pouco común, a plumaxe de reprodución do quelea macho é variábel: comprendidas a máscara facial que vai do negro ao branco, e o peito e o occipicio, que varían do amarelado ao vermello brillante.

Dada a súa ampla distribución xeográfica existen tres subespecies; ademais, poden hibridar de forma natural con especies similares, o cal dificulta aínda máis o seu recoñecemento.

Durante o resto do ano a plumaxe do macho aseméllase á das femias, cunha coloración beixe máis críptica. O pico da femia é amarelo durante a reprodución, e vermello nas estacións non reprodutivas.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

É común en todo tipo de espazos abertos con arbustos ou árbores dispersas, incluíndo campos de cultivo, pero ten unha maior preferencia polos bosques abertos. Cando alimentan aos pitos cazan insectos, pero a súa alimentación durante o resto do ano son as sementes.

Vive e reprodúcese en bandadas xigantescas que cando voan por un lugar poden pasar até cinco horas pasando. Viven en rexiones esteparias, sabanas, zonas de matogueiras e pasteiros da África subsahariana. Quelea quelea é un membro do grupo dos chamados tecedores, paxaros que constrúen niños moi elaborados, que son fabricados tecendo febras de herbas e outros materiais vexetais. A maioría dos tecedores viven en África, pero outros se encontran na península de Arabia, na India, no sueste Asiático, na China e en Indonesia.

En África Quelea quelea está considerado como unha praga. Viaxa en grandes bandadas e destrúe os cultivos sen evitar os asentamentos humanos. Mentres buscan alimento poden voar sen cansar grandes distancias cada día. O alimento desta especie consiste de sementes de herbas e cereais. Tan pronto como asoma o sol, xúntanse as bandadas e cooperan na busca dun lugar de alimentación adecuado. despois de encontralo, establécense alí rapidamente. A miúdo causan serios danos aos cultivos. contra o mediodía descansan en zonas sombreadas próximas á auga, e pasan o tempo acicalándose. Na tarde voan novamente en busca de máis alimento.

Reprodución[editar | editar a fonte]

É unha ave gregaria que cría en colonias. Constrúen os seus niños xuntos uns dos outros, aparecendo moitas veceso varios nunha mesma rama. Os machos, como os de todas as especies da familia dos ploceidos, son os encargados de consruíren os niños que usan como unha forma de exhibición para seduciren ás femias receptivas; no caso desta escpecie, tecen un niño pequeno. As colonias poden encontrarse cerca de corpos de auga.

A estación reprodutiva comeza coas chuvias estacionais, que chegan en tempos diferentes nas distintas partes da súa área de distribución, comezando polo noroeste ao redor de principios de novembro. Os machos reprodutores primeiro tecen con herbas e palla un ovoide semicompoleto. Despois de que a femia examinou a construción, lle gustou, e se produciu o apareamento, ambos os membros da parella conclúen o tecido do niño. A femia pon de dous a catro ovos de cor azul clara, e os choca durante doce días. Ao naceren os pitos, son alimentados durante algúns días con eirugas e insectos ricos en proteínas. despois os pais lles cambian a alimentación, subministrándolles principalmente sementes. Os pitos, ao emplumaren, xa son o suficientemente independentes como para dexaren aos seus padres ao cabo de aproximadamente dúas semanas no niño. Alcanzan a madurez sexua cando teñen un ano de idade, pero moitas femias morren antes da madureza, deixando a moitos machos sen posibilidade de parella.

Distribución[editar | editar a fonte]

A área de distribución de Quelea quelea cobre a maior parte da África subsahariana, excluíndo as árexións de selva tropical húmida e a parte sur de Suráfrica. Son consideradas como pragas polos agricultores debido aos danos que provocan, e moitas veces son comparadas coas lagostas, cando caen sobre os campos de cereais.

Dado que teñen poucos inimigos naturais, a súa poboación alcanza uns 1 500 000 000 individuos. Incluso medidas como dinamitar as súas colonias de nidificación e o uso de velenos organofosforados non lograron diminuír significativamente o seu número. Poden eliminar moitos campos de cultivo nun curto período de tempo.

Especie invasora en España[editar | editar a fonte]

Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os seus hábitats ou os seus ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2018): Quelea quelea na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 20 de abril de 2019.
  2. Fry & Keith 2004.
  3. Craig, Adrian 2010, p. 48.
  4. Weaver Bird Natural History.
  5. Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum Characteribus, Differentiis, Synonymis, Locis (en Latin). Vol. I (10th revised ed.). Holmiae: (Laurentii Salvii). p. 176 – vía The Internet Archive. 
  6. Gill, F. & Donsker, D. (eds.) (2015): Quelea Reichenbach, 1850 na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional.
  7. Quelea quelea (Linnaeus, 1758) no ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]