Prudente de Morais
Nome orixinal | (pt) Prudente José de Moraes Barros | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||
Nacemento | 4 de outubro de 1841 Itu | ||||||||||||||||||||||
Morte | 3 de decembro de 1902 (61 anos) Piracicaba | ||||||||||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||||||||||
Presidente do Brasil | |||||||||||||||||||||||
Período | 15 de novembro de 1894 - 15 de novembro de 1898 | ||||||||||||||||||||||
Antecesor | Floriano Peixoto | ||||||||||||||||||||||
Sucesor | Campos Sales | ||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Brasil | ||||||||||||||||||||||
Educación | Faculdade de Direito da Universidade de São Paulo (pt) Universidade de São Paulo | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | avogado e político | ||||||||||||||||||||||
Partido político | Partido Republicano Paulista | ||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua portuguesa | ||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Adelaide Benvinda Silva Gordo | ||||||||||||||||||||||
Pais | José Marcelino de Barros (en) e Catarina Maria de Moraes (en) | ||||||||||||||||||||||
Lista
|
Prudente José de Morais e Barros, nado en Itu (estado de São Paulo) en 4 de outubro de 1841 e finado en 3 de decembro de 1902, foi un avogado e político brasileiro, o primeiro presidente civil do Brasil, de 15 de novembro de 1894 ata 15 de novembro de 1898.
O seu goberno foi marcado polo fin da Revolución Federalista no Rio Grande do Sur e pola Guerra de Canudos no sertao da Baía. O seu goberno marcou tamén o inicio no Brasil da chamada política do café con leite, que durou de 1894 até 1930 e caracterizouse polo predominio de presidentes orixinarios do estado de São Paulo (entón grande produtor de café) e de Minas Xerais (entón grande produtor de gando leiteiro). Estas dúas actividades (cultivo do café e gandería de leite) e estes dous estados eran os máis importantes na economía brasileira da época.
Presidente do Brasil | ||
---|---|---|
Segue a: Floriano Peixoto |
Prudente de Morais | Precede a: Campos Sales |
Partido Republicano Paulista |