Provincia da Habana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProvincia da Habana

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 22°N 82°O / 22, -82Coordenadas: 22°N 82°O / 22, -82
País insularCuba Editar o valor em Wikidata
CapitalA Habana Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Xeografía
Comparte fronteira con
ISO 3166-2CU-03 Editar o valor em Wikidata

A provincia da Habana é unha provincia de Cuba, que comprende o territorio da capital do país, A Habana.

Historia[editar | editar a fonte]

A Provincia da Habana creouse en 1878, sendo unha das 6 provincias nas que se dividiu a illa, aínda baixo o dominio colonial español. Na división política administrativa de 1976, na que o país quedou dividido en 14 provincias, a primeira provincia da Habana dividiuse en Cidade da Habana (capital) e A Habana, coas áreas que rodeaban a capital. A primeira delas integraba os territorios da rexión metropolitana da Habana, basicamente, os antigos municipios da Habana, Marianao, Guanabacoa, Regla, Santiago de las Vegas e Santa María del Rosario así como outras áreas adxacentes.

O 1 de agosto de 2010 a Asemblea Nacional decidiu outra modificación da organización territorial de Cuba, segmentando a entón coñecida como Provincia da Habana, chamada coloquialmente "Habana Campo" en dúas novas provincias, chamadas Artemisa, ao oeste, e Mayabeque, ao leste, o que implicaba que, a partir do 1 de xaneiro de 2011 (data de entrada en vigor da devandita resolución), só hai unha provincia cubana chamada "de La Habana", en lugar de dúas; polo que tamén se acordou o cambio de denominación de "Provincia da Cidade da Habana" pola de "Provincia da Habana", sen necesidade de engadidos importantes, para distinguilo ou individualizalo. Ademais, tres municipios da provincia de Pinar del Río (Bahia Honda, Candelaria e San Cristóbal) foron trasladados á nova provincia de Artemisa.

Entre 1976 e 2010, a administración provincial da entón coñecida como Provincia da Habana tivo a súa sede no territorio da Provincia da Cidade da Habana, xa que carecía de capital propia.

Situación anterior (entre 1976 e 2010):

  • Provincia da Cidade da Habana
  • Provincia da Habana (sede: A Habana)

Situación actual (desde 2011):

  • Provincia da Habana
  • Provincias de Artemisa e Mayabeque.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.